Aula de música e visita á Biblioteca

(Luns 19de xaneiro de 2.009)

Hoxe tal e como estaba previsto,  nenos e nenas do C.R.A., asistiron na sede do C.R.A. en Atalaia - Asados as actividades da Aula de Música e da Biblioteca "Os amigos e amigas de Daniel".

Ao longo de toda a semana e como estaba previsto continuarán as visitas dos alumnos e alumnas do C.R.A. de Rianxo.

Aula de música

Momento da aula de música (190109)

Biblioteca "Amigos de Daniel" (190109)

Momento de lectura na Biblioteca (190109)

Debuxos da bruxa Regañadentes

Pode ser bonito facer unha exposición de debuxos da Bruxa Regañadentes, así que os e as que teñades feito debuxos da Bruxa, anímadevos a escanealos e a poñelos no Portal. Se vos parece podemos facer unha exposición axudándonos das ferramentas Galería do Portal, unha exposición semellante á das Postais de Nadal.

Para o que necesitedes avisade.

Tobías 

A BRUXA REGAÑADENTES

NA ESCOLA DE CRUCEIRO FIXEMOS VARIAS SESIÓNS DE PLÁSTICA A PARTIR DA ACTIVIDADE DA BIBLIOTECA EN ASADOS. NUNHA DELAS QUIXEMOS RETRATAR A BRUXA: O NARIS E O PETEIRO AFIADOS, OS DENTES DE FERRO, A MIRADA MALVADA E FALSA...

AQUÍ VOS DEIXAMOS ALGÚNS DOS TRABALLOS QUE PUIDEMOS COPIAR NO ORDENADOR.

   
   
   

Unha bruxa na biblioteca

Qué ben o pasei contándovos o outro día o conto de "A bruxa regañadentes". Pasáchedes medo? (espero que non).

Xa estou desexando ir outra vez a biblioteca a contar outro contiño.E vos?

Ahh! Non se vos esqueza traer a próxima vez os vosos cadernos de contos e así falamos un ratiño dos contos que vos gustan.

Un biquiño a todas e todos.

Belén

GUSTOUNOS MOITO O

GUSTOUNOS MOITO O CONTO,ANDREA

GUSTOUNOS VER OS CONTOS DA BIBLIOTECA.Irene

HOXE DEBUXAMOS A BRUXA REGAÑADENTES.Yaiza

EU NON TUVEN MED0.AITOR

EU NON FUN A ASADOS PORQUE ESTABA ENFERMO.BORJA