Skip to Content

O BELÉN NO CENTRO

Despedimos o trimestre e o ano e damos paso ao Nadal. No centro xa se encargou Mar, a profe de Relixión de secundaria, xunto cos seus alumnos e alumnas, de lembrarnos esta festa coa colocación dun precioso Belén iluminado no corredor do edificio de secundaria. Grazas a todos eles polo esforzo. Aquí vos deixamos algunhas imaxes dos protagonistas.

 

O BELÉN NO CENTRO

RESOLTO O CONCURSO DE TARXETAS DE NADAL


XA TEMOS GAÑADORES DO NOSO CLÁSICO CONCURSO DE TARXETAS DE NADAL. SON OS SEGUINTES:

EDUCACIÓN INFANTIL

4º INFANTIL

5º A INFANTIL

5º B INFANTIL

6º INFANTIL

Premio en grupo á cada curso.

 

EDUCACIÓN PRIMARIA

1º PRIMARIA

2º A PRIMARIA

2º B PRIMARIA

Premio en grupo á cada curso.

 

3º PRIMARIA: Area Martínez Fernández / Laura Pernas Lagoa

4º PRIMARIA: Antía López Otero / Irene Agueda Arroyo Orro

5º PRIMARIA: Andrea Novo Pérez / Nayara Fonticoba Fernández

6º PRIMARIA: Catalina Rodríguez Rico / Judith González Gómez

 

Tarxeta seleccionada para felicitar o Nadal á comunidade educativa:Catalina Rodríguez Rico 6º A (PODÉDELA VER  NA IMAXE SUPERIOR)

 

EDUCACIÓN SECUNDARIA

Paula Rebollar Fernández 1ºB ESO

Cesar Muiño Brañas 2º B

Daniel Fernández Soto 1ºB

Cristina Rubio Pozo 2ºB

 

 

 

Os premios entregaranse ó regreso das vacacións de NADAL

Nos arquivos que se xuntan podedes ver varias delas.

RESOLTO O CONCURSO DE TARXETAS DE NADAL

Guía de suxestións de lectura de Nadal para ESO

Este curso seguimos coas guías temáticas de lecturas para o Nadal. Este ano tócalle á literatura de medo. Neste enlace poderás atopala a nosa guía.

Felices lecturas!

XA TEMOS GANADOR DA CESTA DE NADAL

Hoxe celebramos no centro o sorteo da cesta de Nadal para recadar fondos para a excursión fin de curso dos rapaces e rapazas de 3º e 4ºESO. 

O agraciado foi MARCIAL GUDIN que comprou a papeleta Nº 15 do taco que sacou do urna a man inocente de Nadia Gómez.

Noraboa de parte de todos e ¡que a desfrute!

No documento que se xunta podedes ver o vídeo do momento.

XA TEMOS GANADOR DA CESTA DE NADAL

GUÍA DE LECTURAS DE NADAL

O equipo de Biblioteca de Infantil e Primaria elaborou esta guía con suxestións de lecturas para este Nadal. Premendo na imaxe teredes acceso a ela.

 

Boas vacacións e felices lecturas!!!

XA ESTÁ AQUÍ A CESTA

Xa temos no centro a cesta que sortearemos o martes que vén. Consiste nun baul moi práctico, cheo dun lote de produtos que tedes especificados no documento que se xunta. Sorte¡¡¡

 

XA ESTÁ AQUÍ A CESTA

SORTEO CESTA NADAL

O próximo martes 15 de decembro celebraremos no centro o sorteo correspondente á cesta de nadal para que os rapaces e rapazas de 3º e 4º ESO recaden fondos para a súa excursión fin de curso. Este ano, en vista de que a venta de boletos está sendo espectacular, aumentamos a calidade do lote. Na imaxe podedes ver o baúl en cuestión, valorado en 295 euros e cheo de produtos de primeira calidade: paleta, chourizo e salchicón ibérico, cava, viño, whisky escocés, vermouth e xenebra, turrón, paté, polvoróns, aceite de oliva, navallas, olivas...así ata 31 variedades.

¡¡¡Sorte!!! algún de vós será o gañador o próximo martes.

 

SORTEO CESTA NADAL

RECOÑECEMENTO PÚBLICO PARA O NOSO PROGRAMA DE METEOESCOLAS

Como non podía ser doutra maneira, a extraordinaria labor que se está a levar a cabo no colexio no ámbito da meteoroloxía ven de ser recoñecida pola administración. No arquivo que se xunta pódese ver a felicitación polo traballo de calidade durante o curso 2014-2015. Ainda que desta volta non se concederon premios está claro que o programa Meteoescolas do CPI de San Sadurniño está movéndose a uns niveis máis que aceptables. Os nosos parabéns para a coordinadora do programa, os docentes que colaboramos nela cando podemos...e para todos aqueles alumnos e alumnas que están a participar activamente na campaña. 

RECOÑECEMENTO PÚBLICO PARA O NOSO PROGRAMA DE METEOESCOLAS

visita á Universidade da Coruña e á fundación Barrié de la Maza

O martes 24 de Novembro o alumnado de 3ºESO do colexio tivo a oportunidade de asistir a unha sesión de experimentos científicos na Facultade de CC Químicas da Universidade da Coruña que fixeron as súas delicias. Durante unha hora e media a profesora María Teresa Rodríguez Blas, catedrática de Química Inorgánica da UDC, amosoulles as incribles propiedades do nitróxeno líquido, viron levitar unha peza metálica sobre un imán, cristalizar unha goma, reducir a anaquiños unha flor, ou inflar e desinflar un globo...todo amenizado cos comentarios didácticos e amenos da profesora que conseguiron levantar a curiosidade dos rapaces por este tipo de fenómenos naturais. O colofón á interesante mañá púxoa a conferencia sobre Ángeles Alvariño na Fundación Barrié de la Maza, na cal descubrimos o importante papel que xogou esta muller ferrolá na oceanografía e zooloxía do S. XX a nivel mundial. O comportamento dos rapaces foi exemplar e todos saímos coa grata sensación de gozar dun día distinto grazas á ciencia.

 

visita á Universidade da Coruña e á fundación Barrié de la Maza

CONCURSO TARXETAS DE NADAL 2015

Queda aberto para infantil, primaria e secundaria o tradicional concurso de tarxetas de Nadal. Tedes as bases no arquivo de se xunta.

CONCURSO TARXETAS DE NADAL 2015
Distribuir contido


by Dr. Radut