Skip to Content

calendario escolar 15-16

calendario escolar 15-16

COMEZAMOS AS CLASES CON TODOS OS SERVIZOS: COMEDOR E TRANSPORTE E HORARIO DE VERÁN

O vindeiro xoves 10 darán comezo as clases. A hora de comezo é as 9:30.

Recordámosvos que comezamos tamén o servizo de COMEDOR E TRANSPORTE ESCOLAR.

Recórdovos tamén que nos meses de setembro e xuño non temos clase polas tardes.

En arquivo adxunto podedes consultar o menú do mes de setembro.

 

COMEZO DAS CLASES

Infantil e primaria: xoves 10 de setembro

Secundaria: Martes 15 de setembro

En breve iremosvos informando das datas de reunións coas familias.

AXUDAS 50 EUROS PARA MATERIAL ESCOLAR

No día de onte a consellería de educación convocou axudas de 50 euros para mercar material escolar. 

As axudas son en función da renda. 

O prazo de solicitude é dende o 2 de setembro ó 2 de outubro. 

Para facer unha atención ó público máis eficaz, pregámosvos que fagades as solicitudes no centro a partires do vindeiro XOVES 10 de setembro

Nos arquivos adxuntos tedes os impresos para solicitude (ANEXO I), un resumo das axudas e a publicación en DOG das axudas.

 

 

LISTAXE ALUMNADO FONDOLIBROS

Nos arquivos adxuntos está dispoñible a listaxe provisional de admitidos e excluídos do BANCO DE LIBROS FONDOLIBROS. O prazo de reclamación é de 2 días. 

Lémbrovos que en 3º e 5º de primaria o material será proporcionado polo centro, de xeito gratuíto, e non entra dentro deste programa.

EXAMES DE SETEMBRO

No arquivo adxunto, en formato pdf, tedes o calendario das probas extraordinarias de setembro da ESO.

Acto fin de curso 4º (2014-2015)

La presentación está oculta en Youtube, así que sólo se puede acceder a través de este enlace https://youtu.be/vT72wxNqDLM

 

ACTIVIDADE DE FIN DE CURSO DE EDUCACIÓN INFANTIL E EDUCACIÓN PRIMARIA

O pasado venres, o alumnado de Infantil e Primaria gozou dunha actividade lúdica coma colofón deste curso académico.

Nas inmediacións do Mesón A Granxa (moitas grazas á súa xerencia por cedernos as instalacións tan amablemente) o alumnado participou case que dúas horas en diferentes xogos.

Coma resumo de en que consistiu a actividade e os xogos que se desenvolveron nela, elaboramos o seguinte vídeo (facendo clic na imaxe podedes velo en Youtube):

Suxestións para o verán

No noso blogue podedes atopar as nosas suxestións para secundaria e enlaces de interese sobre libros.

Felices lecturas!

Acto fin de curso 4º, curso 2014-2015

Unas fotos de los homenajeados.

Distribuir contido


by Dr. Radut