Skip to Content

Actividades

UN XESTO SOLIDARIO

Este foi o xesto solidario que os nenos e nenas de Guinea tiveron co noso alumnado ao recibir os seus debuxos.

Sobran as palabras...

 

                                             

CHARLAS GABRIEL TIZÓN

Hoxe visitounos Gabriel Tizón, fotógrafo con ampla experiencia traballando en máis de 60 países e fundador do proxecto “Utopía”, da ONG “Causas Comúns”, da que é presidente. Actualmente traballa en varios países e en Guinea Bissau principalmente.

O alumnado de 2º a 4º da ESO viu un documental, fotografías e compartiron un tempo no que se deu valor á educación e a diferentes valores.

Os nenos e nenas de infantil e primeiro ciclo tamén viron algunhas imaxes, puideron facerlle preguntas a Gabriel Tizón e lle entregaron uns debuxos que levará a Guinea Bissau.

Este é o comezo dun proxecto solidario que queremos levar a cabo con esta ONG contando coa implicación do noso alumnado.

 

 

 

 

 

O Coelliño de Pascua chegou a Sansa

  O pasado venres 31 de Marzo o alumnado de Infantil, para despedir o 2º trimestre, realizou unha divertida búsqueda de ovos grazas ao Coelliño de Pascua que os foi deixando polo patio. Premede na imaxe e os veredes en acción.

 

Semana de "Merendas terrroríficas".

Co gallo da realización de actividades en torno ao Samaín, e incluído dentro das actividades do programa "Aliméntate ben", o alumnado de Educación Infantil e Educación Primaria realizará durante esta semana unhas merendas bastante especiais.

E como para mostra un botón, velaí van unhas imaxes dos simpáticos fantasmas que puideron crear e degustar no día de hoxe.

      

 

Colaboración co Concello e Brío Danza e Rítmica no programa "Rompe cos estereotipos de xénero".

Ao longo desta semana o noso centro participou no programa "Rompe cos estereotipos de xénero", en colaboración con Brío Danza e Rítmica e o Concello de San Sadurniño.

Así, o alumnado de 1º a 3º de Educación Primaria tivo a oportunidade tomar contacto coa Ximnasia Rítmica, e o de 5º a 6º de participar nunha sesión de Hip-hop.


 Na vindeira semana será o turno do alumnado de 5º e 6º de Educación Infantil, que participará nunha actividade de pre-danza. Así mesmo, o alumnado de 3º a 6º de Educación Primaria participará na Casa da Cultura nunha charla-coloquio.

Para quen quera seguir máis a fondo este programa, pode consultar a páxina de Facebook de Brío Danza e Rítmica.

Así mesmo, e por non repetirnos con outras publicacións na rede, o programa está moi ben descrito na páxina web do Concello de San Sadurniño.

Vídeo resumo do Programa "Aliméntate ben"

Facendo clic na seguinte imaxe podedes acceder ao vídeo que resume as actividades desenvolvidas durante este curso nas etapas de Educación Infantil e Educación Primaria ao abeiro do programa "Aliméntate ben". Bo proveito!

Visita á Horta de Froiteiras Autóctonas

A semana pasada, convidados por AGFA (Asociación Galega Froita Autóctona do Eume), o alumnado de Educación Infantil e de 1º a 4º de Educación Primaria visitou a horta que esta entidade ten en terreos cedidos polo Concello de San Sadurniño.

A xornada tivo un doble obxectivo: por unha banda, sensibilizar sobre a importancia da recuperación de especies vexetais autóctonas. Por outra banda, que o alumnado vivenciase de primeira man aspectos tan importantes como a floración das árbores ou como se plantan correctamente.

Contamos volver a finais de curso para ver como se van formando os froitos!

E velaí van unhas imaxes das visitas:

    

  

Vídeo resumo da conmemoración do Día da Paz

Facendo clic na seguinte imaxe accederedes ao resumo das actividades que realizou o alumnado de Educación Infantil e Educación Primaria para conmemorar o Día da Paz.

Día do Peón 2016

O pasado venres 11 de novembro, seguindo a convocatoria de Brinquedia Rede Galega do Xogo Tradicional (entidade da que este centro é socia) celebramos o Día do Peón coa asistencia de alumnado de Educación Infantil, Educación Primaria e 1º e 2º cursos da ESO.

Como resumo desta actividade elaboramos un vídeo, o cal podedes ver facendo clic na seguinte imaxe:

Imaxe de biblioip

MERENDAS TERRORÍFICAS

Neste Samaín moito medo pasei...

Pero sabedes que para non ter medo ás bruxas, aos vampiros, aos monstros, aos fantasmas, ás momias, aos demos e ás demais criaturas terroríficas, hai que comer moito e alimentos sans.

Por iso nesta semana as nosas merendas nos serviron para coller moita forza e a ter un pouquichiiño de menos medo.

Premendo na imaxe podedes ver as nosas merendas terroríficas.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut