Colaboración co Concello e Brío Danza e Rítmica no programa "Rompe cos estereotipos de xénero".

Ao longo desta semana o noso centro participou no programa "Rompe cos estereotipos de xénero", en colaboración con Brío Danza e Rítmica e o Concello de San Sadurniño.

Así, o alumnado de 1º a 3º de Educación Primaria tivo a oportunidade tomar contacto coa Ximnasia Rítmica, e o de 5º a 6º de participar nunha sesión de Hip-hop.


 Na vindeira semana será o turno do alumnado de 5º e 6º de Educación Infantil, que participará nunha actividade de pre-danza. Así mesmo, o alumnado de 3º a 6º de Educación Primaria participará na Casa da Cultura nunha charla-coloquio.

Para quen quera seguir máis a fondo este programa, pode consultar a páxina de Facebook de Brío Danza e Rítmica.

Así mesmo, e por non repetirnos con outras publicacións na rede, o programa está moi ben descrito na páxina web do Concello de San Sadurniño.