Taboleiro

FAMILIAS MULTILINGÜES

Como complemento ao traballo que se está a desenvolver no centro en educación bilingüe, e xa que vivimos nunha contorna bilingüista, deixámosvos aqui un enlace a un interesante proxecto baseado na educación multilingüe, que implica a profesores, alumnos e familias.

https://sites.google.com/site/multilingualfamiliesprojectes/

VIAXE FIN DE CURSO

Ponse en marcha o mecanismo para recadar fondos para a excursión fin de curso dos alumnos de 3º e 4º ESO. Lembramos que este ano o destino elixido é Andalucía (Sevilla-Málaga-Granada). As dúas principais vías de financiación serán os cupóns cos que se pode optar a gañar un magnífico lote de produtos de Nadal valorado nuns 200 euros e por outra banda bombóns e surtidos de Nadal da empresa LA DAMA DE ESTEPA. En concreto, temos elixido unhas presentacións en forma de pandereta, cofre, Papá Noel ou tazas de almorzo para os bombóns e un estuche ou bandexa de mimbre para o surtido. Podedes botarlle unha ollada na páxina web da empresa (http://www.damadeestepa.es/).

Teñan en conta que os prezos de venta foron fixados nas seguintes cantidades:

-Cupón da cesta de Nadal: 2 euros

-Pandereta de Bombóns: 6 euros

-Papá Noel con bombóns: 10 euros

-Taza de almorzo con bombóns. 5 euros

-Cofre de bombóns: 10 euros

-Estuche surtido de Nadal: 12 euros

-Bandexa de mimbre de surtido: 12 euros

Nengún alumno pode, por suposto, vender mercancía a un prezo distinto do fixado. A responsabilidade neste caso será exclusivamente súa.

O sorteo da cesta de Nadal será o martes 17 de decembro e publicarase nesta web. Lembre que no cupón que lle vendan deberán tomarlle nota dunha forma de contacto, non ten que ser necesariamente o teléfono, senón unha dirección de correo, un email, etc. Trátase de ter unha maneira de localizalo en caso de que resulte gañador da cesta.

Distribuir contido