Skip to Content

Comedor

Instrucións para o pagamento do comedor escolar

O pagamento realizarase entre o 1 e o 20 do mes seguinte ao da prestación do servizo.

A liquidación dos prezos públicos entenderase efectuada para todos os efectos o día 5 de cada mes.

As formas de pagamento serán as seguintes:

  • Pagamento nas entidades autorizadas pola Consellería de Facenda: os centros poñerán a disposición dos suxeitos pagadores os impresos de pagamento. O ingreso das cantidades correspondentes realizarase nas entidades autorizadas. Os pagadores deben conservar os xustificantes do “pagamento para o interesado” e presentar no centro, nos 20 primeiros días de cada mes, os xustificantes de “pagamento para a Administración” debidamente validados.
  • Pagamento a través do Espazo Abalar: os impresos de pagamento atópanse dispoñibles directamente na aplicación. Se se utiliza esta opción, non é necesario presentar xustificante algún no centro educativo.
  • Pagamento a través da Oficina Virtual Tributaria: os pagamentos poden realizarse a través da seguinte ligazón http://www.conselleriadefacenda.es/web/portal/confeccion-impresos de xeito telemático. Débense presentar no centro os xustificantes de pagamento, nos 20 primeiros días de cada mes.

Os incumprimentos no pagamento dos prezos públicos de cada mes impedirán a utilización ao mes seguinte do comedor escolar, mentres non se proceda á oportuna regularización dos pagamentos, para a cal contarase cun prazo máximo de 2 meses.

 

Menú Escolar

 

Menú Escolar

 Semana do 29 de maio ao 02 de xuño

 

 

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

1º PRATO

Crema de verduras Ensalada de garabanzos Ensalada rusa Rolos de primavera Minestra de verduras

2º PRATO

Albóndegas con arroz Costela de porco con patacas chips Filete de xamón de porco á napolitana con cabaza á prancha Pescada á romana con pataca cocida Rabas de polo con pasta

SOBREMESA

Froita Melocotón xarope Froita Iogur Froita

 

 

 

 

Novas comedor escolar

Lembrámos a todos os usuarios a necesidade de comunicar as ausencias ao comedor escolar antes das 9.45h da mañá.

Por email: comedor@cpisansadurnino.org

Por teléfono: 881 930 489

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut