Novas
Robótica en Educación Infantil
Enviado por xefestudprim o Lun, 30/01/2017 - 08:06Coa recente adquisición de dous novos robots adaptados ás características do alumnado de Educación Infantil, o noso centro conta cunha importante dotación deste tipo de equipamento educativo.
Polo tanto, a Robótica vai ter presenza nas tres etapas educativas (Infantil, Primaria e Secundaria), aspecto do que probablemente moi poucos CPIs de Galicia poden presumir.
Adscrición do profesorado de Educación Infantil e Primaria
Enviado por xefestudprim o Xov, 08/09/2016 - 04:48No arquivo adxunto atópase información sobre:
- Titores/as.
- Mestres/as especialistas.
- Membros do Equipo de Orientación.
Educación Infantil e Primaria: reunión de principio de curso coas familias: xoves 15 ás 17:00 h
Enviado por xefestudprim o Xov, 08/09/2016 - 04:45A tradicional reunión coas familias de comezo de curso terá lugar o vindeiro xoves 15 ás 17:00 h.
A reunión será coa DIRECCIÓN, ORIENTACIÓN E TITORES.
Están convocadas todas as familias con alumnado que curse as etapas de Educación Infantil e Educación Primaria agás 4º de Educación Infantil, curso que a celebrará o xoves 8 ás 11:00 h.
Outro programa de Radio Sansa
Enviado por depep o Xov, 17/03/2016 - 19:46Xa temos un novo programa de Radio Sansa nas ondas ou nos díxitos.... Non sen certos atrancos polo tempo e as condicións meteotecnolóxicas. Pero estamos de novo no ar. Programa variado con entrevistas e unha escolma de boa música feita polo alumado. Robótica, excursións, celebración do día paz, viaxe de fin de curso... e algunhas cousas máis... Sempre emitindo temas baixo Creative Commons, dende a comunidade escolar para o mundo (mundial).
Esperamos que sexa do voso agrado e vos animedes a participar...
O proxecto "Sansa Enreda" bótase a andar
Enviado por edprimaria o Lun, 24/11/2014 - 14:02Despois dalgún que outro pequeno atranco e demora, poñemos en marcha este proxecto dirixido ao alumnado de Educación Infantil e Primaria, para o cal precisamos a colaboración de membros da comunidade educativa así coma doutros achegados do alumnado (familiares, veciños, amigos, ...).
A finalidade principal deste proxecto é poñer en valor os enredos tradicionais, empregando para elo as potencialidades educativas que este tipo de xoguetes presenta, así como contribuir á súa recuperación e loitar contra o seu esquecemento.
Para elo, temos creado unha páxina web específica (algúns apartados aínda están en construción) na que iremos engadindo as diferentes actividades realizadas, e á que podedes acceder facendo clic na seguinte imaxe:
E como participar no proxecto? Se de pequeno/a construías enredos, ou sabes dalguén que o fixera, e queredes compartir con nós ese coñecemento acudindo a unha ou varias aulas para facelos co alumnado, non tedes máis que contactar con Iván, o mestre de Educación Física de Educación Infantil e Primaria.
Se así o facedes, tedes garantido o noso agradecemento e o do alumnado!
PRIMEIRA REUNIÓN DO CURSO 2013-14 PARA CUARTO DE EDUCACIÓN INFANTIL
Enviado por edprimaria o Xov, 04/07/2013 - 11:33A primeira reunión do curso 2013-2014 cos pais e nais dos nenos e nenas de 4º de Educación Infantil terá lugar o xoves 5 de setembro ás 11,00 horas.
Recoméndanse que non falten á reunión e acudan sen os nenos e nenas.
