Profesional

FESTIVAL FIN DE CURSO

Vídeos das actuacións dos alumnos de infantil e primaria:

 

O CLUB DE CIENCIAS DE SECUNDARIA PREMIADO POLA SGAPEIO

O club de ciencias de secundaria formado polos alumnos: Iria Facal, Alba Garrote, David Luaces e Eloy Arnosa recibiron unha mención especial polo seu traballo sobre o tempo e o clima en San Sadurniño no III Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos.

SEMANA DA CIENCIA E DÍA DO MEDIO AMBIENTE

O comedor do noso centro tamén se une a esta celebración a través dunha semana de menús elaborados con produtos ecolóxicos.

Nos recreos da mañá se repartiu froita ecolóxica dentro do programa subvencionado polo FOGGA.

ROMARIA DA O

Os alumnos de primaria do CPI San Sadurniño unironse aos alumnos de 6º de primaria do CEIP A Solaina nun rota ciclista que rematou na capela da O, onde se celebra a romaría da O. Alí recibiron unha charla sobre a historia e tradicións desta antiga romaría.

PROXECTOS CIENTÍFICOS EN SECUNDARIA

O xoves 6 de xuño os alumnos de secundaria expuxeron os proxectos desenvolvidos ao longo do curso:

 

PROXECTOS CIENTÍFICOS EN PRIMARIA

O martes 4 de xuño no recreo os alumnos de primaria expuxeron os seus proxectos científicos aos compañeiros:

 

 

CHARLA SOBRE FABRICACIÓN DE BIODIESEL

 O martes 4 de xuño os alumnos de 3º e 4º ESO acudiron a unha charla sobre a elaboración do biodiesel. ABERTA AO PÚBLICO.

 

 

CELEBRACIÓN DO DÍA DO MEDIO AMBIENTE

Xurado deliberando

O mércores 5 de xuño exposición de fotografías participantes no II Concurso de Fotografía do Día Mundial do Medio Ambiente. O xurado do concurso formado por dous representantes do concello e dous profesores de secundaria do centro deliberaron para decidir os gañadores de cada categoría:

INFANTIL:  Gabriel Campos Hermida

PRIMARIA: Cristian Varela Freire

SECUNDARIA: Verónica Mª Pena Dopico

SEMANA DA CIENCIA E DÍA DO MEDIO AMBIENTE

Este ano queremos celebrar o día 5 de xuño o día do Medio Ambiente con actividades relacionadas coa ciencia:

O martes 28 de maio os alumnos de todos os niveis visitaron o planetario móbil que se instalou ese día no centro. Actividade organizada pola ANPA.

O luns 3 de xuño os alumnos de 3º ESO recibiron unha charla sobre a elaboración de lácteos.

 

O

 

II CONCURSO DE FOTOGRAFÍA DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

 

O CPI e o Concello de San Sadurniño convocan o II Concurso de Fotografía do Día Mundial do Medio Ambiente.

BASES:

Distribuir contido