O CLUB DE CIENCIAS DE SECUNDARIA PREMIADO POLA SGAPEIO

O club de ciencias de secundaria formado polos alumnos: Iria Facal, Alba Garrote, David Luaces e Eloy Arnosa recibiron unha mención especial polo seu traballo sobre o tempo e o clima en San Sadurniño no III Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos.

A Sociedade Galega para a promoción da Estatística e da Investigación de Operacións (SGAPEIO) en colaboración con educaBarrié, a iniciativa educativa da Fundación Barrié, convoca o III Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos para proxectos de estatística e investigación de operacións realizados por estudantes de ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio da Comunidade Autónoma de Galicia.