Secretaría

ACTOS 40 ANIVERSARIO DO CPI DE SAN SADURNIÑO

40 anos
O vindeiro 10 de decembro o noso centro cumpre 40 anos, con este motivo estamos a organizar distintos actos, abertos á participación de todos vós, para conmemorar tan sinalada data:
  • Exposición fotográfica: “40 anos de escola pública en San Sadurniño”. Ata o día 18 de decembro na sala de exposiciones da Casa da Cultura do concello de San Sadurniño.

  • Concerto musical pop-rock dos grupos Vodevil e Evolet (exalumnos). O vindeiro sábado día 30 de novembro de 20,00 h. ata 22,00 h. No salón de actos da Casa da Cultura do concello de San Sadurniño.

  • Elaboración dun mural conmemorativo no pechamento exterior do centro.

 

  • Mesa redonda- coloquio: “40 anos de escola pública en San Sadurniño”, o día 10 de decembro de 2013 as 17,45 h. no salón de actos da Casa da Cultura do concello de San Sadurniño. A continuación, copa de viño español servida no comedor do centro.

  • Recopilación de fotografías destes 40 anos. Estamos a dixitalizar fotografías antiguas coa colaboración de profesores xubilados. Ó remate crearemos un álbume dixital onde, a través da nosa páxina web, poderedes acceder á colección de fotografías. Vós tamén podedes aportar fotografías do voso paso polo centro e contribuir así a este banco de imaxes compartido. Para compartir fotografías poñédevos en contacto con Crisanto ou facédellas chegar a calqueira membro do equipo directivo, nós nos encargaremos de dixitalizalas.

circulares do curso 2013-2014

aqui tedes as diferentes informacións relativas ao curso 2013-2014

CONVOCATORIA PROBAS EXTRAORDINARIAS SETEMBRO 2013

O final de este artigo tamén tedes a versión para descargar en pdf

CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA DE SETEMBRO

Lunes 2

LISTA DEFINITIVA DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2013-14

No seguinte enlace tedes a lista definitiva de libros de texto que se van utilizar no curso 2013-14.

Lista provisional de libros de texto curso 2013-2014

Aquí tedes a lista provisional. Fixádevos nas notas a pé de páxina xa que hai libros pendentes de aprobar. Non os merquedes aínda.

Para poder ver un curso determinado hai que escoller unha pestana da zona inferior do documento.

LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS PARA O CURSO 2013-2014

AS LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMITIDOS PARA O CURSO 2013-14 NON PRESENTAN MODIFICACIÓNS RESPECTO DAS PROVISIONAIS.

Aprobado en consello escolar do xoves 23 de maio de 2013.

 

LISTA DEFINITIVA DE ALUMNOS E ALUMNAS PARA O ANO: 2013/2014

ABERTO PRAZO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO DO 5 AO 17 DE ABRIL

Os alumnos sen escolarizar ou que soliciten un cambio de centro deben solicitar a admisión no noso centro do 5 ao 17 de abril.

Enlace a toda a información.

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2013/2014

Publicada a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos.

Xúntanse os anexos cos formularios de admisión de alumnado e matrícula, que os usuarios poderán cubrir e imprimir para a súa presentación no centro.

 

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2013/2014

O proceso de admisión de alumnado para o curso 2013/2014 en espera de aprobación da Orde que o regule.

Dende o centro recomendamos estar pendentes do prazo de reserva de praza entre o 5 e o 17 de abril.

Distribuir contido