Skip to Content

Xornada Única: Votación Sector Familias

Nesta fase do proceso de Solicitar a Xornada Única, procederase agora coas votacións por parte das familias. Para o cal teranse en conta as instrucións recollidas na “Orde do 29 de maio de 2008 pola que se establece o procedemento para a implantación da xornada lectiva en sesión única de mañá ou mixta nas escolas de educación infantil, colexios de educación infantil e primaria, colexios rurais agrupados, centros públicos integrados, centros de educación especial e centros privados concertados”.

  • Durante 10 días hábiles estará exposto o Censo Electoral no taboleiro do centro (no hall do edificio da ESO): do 9 de febreiro ata o 27 de febreiro.

  • A continuación, outros 5 días hábiles para presentar reclamacións ao censo: do 28 de febreiro ata 5 de marzo.

  • E finalmente o 8 de marzo será a xornada de votación en horario de 9:30 a 14:30 e de 15:30 a 18:30.

Constitución da mesa electoral.

Previa convocatoria pola dirección do centro, a mesa electoral estará formada por:

  • A dirección do centro (presidenta).

  • 2 nais/pais ou titores/as legais (designados por sorteo público no hall da ESO o día 6 de marzo ás 9:30, unha vez rematado o prazo de reclamacións ao censo) e actuando como secretario/a a persoa de menor idade.

  • En previsión de posibles ausencias, no sorteo designaranse titulares e suplentes.

Proceso da votación: Requisitos

  • A efectos de establecer o total do censo, computarase a nai, ou o pai ou un dos titores/as legais do alumnado da etapa na que se pretende cambiar a xornada.

  • Precisarase o acordo favorable do 58% do total do censo das nais, pais ou titores/as legais do alumnado.

  • O voto será directo, secreto e non delegable, puidendo votar só a nai, o pai ou un dos titores/as legais.

Deixámosvos ademais nesta entrada o enlace do Plan de Actividades Extraescolares. xa publicado o 16 de novembro de 2023.



story | by Dr. Radut