Novas

AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas de libros de texto e material escolar para o alumnado de primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2019/2020

No curso 2019/2020 o Fondo solidario de libros de texto estará accesible para o alumnado matriculado en 3º, 4º de Primaria e 3º e 4º de ESO. En 1º e 2º de educación primaria haberá as axudas para a adquisición de libros de texto. No caso do material escolar, convócanse axudas para a súa compra destinadas ao alumnado matriculado en toda a Educación Primaria e ESO.

 O alumnado matriculado nos cursos de 5º e 6º de E.Primaria e 1º e 2º de ESO incluídos no Proxecto deEducación dixital (EDIXGAL) están excluídos da participación no fondo solidario de libros de texto. No obstante poderán solicitar a axuda para adquirir material escolar.

O prazo para a presentación das solicitudes dende o 21 de maio ata o 21 de xuño de 2019, inclusive.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación informática «fondolibros» (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia,https://sede.xunta.gal .

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Neste caso a solicitude será única para todos os fillos admitidos no mesmo centro.

PUBLICACIÓN DE LISTAXES:

Listaxes provisionais de admitidos :2 7 de xuño.

Reclamacións ás listaxes provisionais :28 de xuño e 1 de xullo.

Listaxes definitivos: Educación primaria : 3 de xullo Educación secundaria : 13 de setembro

Os libros das listaxes definitivas serán entregados os primeiros días do curso

ENTREGA DE VALES DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

Primaria e Secundaria con matrícula ordinaria (aprobados en xuño): do 4 ao 10 de xullo

Secundaria con matrícula Extraordinaria(pendentes para setembro): do 16 ao 18 de setembro

ANEXOS I – II. Solicitude

Distribuir contido