Skip to Content

Matemáticas

Imaxe de depmat

NOITE DE OBSERVACIÓN ASTRONÓMICA

A noite do 22 de maio organizamos unha observación astronómica á que estaban invitados todos os alumnos do centro. A convocatoria resultou un éxito especialmente entre os máis pequenos.

Paulino Gasalla, membro da Sociedade Galega de Historia Natural e divulgador de temas de Astronomía, sumerxiunos nunha viaxe polo espacio.

 

Paulino Gasalla e unha viaxe espacial

Ás 22:30 saímos ao patio do centro a esperar que o crepúsculo fora tornandose noite e nos permitira disfrutar dunha perfecta noite estrelada. Puidemos observar primeiro a simple vista e despois co telescopio do centro Venus, A Lúa, Xúpiter e Saturno. Tamén aprendimos a recoñecer moitas estrelas: Capella, Cástor e Póllux, Regulus, Spica, Arturus e Vega. Desfrutamos das constelacións zodiacais Xéminis e Virgo, da constelación do León e doutras máis comúns como a Osa Maior e Casiopea.

Ler máis.

Imaxe de depmat

EXPOMETORO NO CPI SAN SADURNIÑO

Do 2 ao 12 de febreiro o noso centro recibe a exposición Expometeoro cedida por MeteoGalicia dentro do proxecto Meteoescolas no que participamos.

A nosa canteira de pequenos meteorólogos visitou o luns a exposición:

6ºinfantil visita Expometeoro
 

Se queres facer unha visita virtual preme na imaxe:

Expometeoro

Imaxe de depmat

INICIO DO TALLER DE ROBÓTICA 2014-15

No mes de novembro comeza o taller de robótica que oferta o centro como actividade extracurricular. Está aberto o prazo de inscrición en secundaria. Todos os alumnos poden participar aínda que terán prioridade os que xa participaron o curso pasado.

Na seguinte presentación ofrecemos información sobre o noso proxecto:

Aqui tedes a ficha de inscrición.

Actividades previstas para o mes de novembro:

- Participación de alumnos voluntarios de 2ºESO no concuso "Sensores para todos" organizado por Igaciencia.

- Asistencia dos alumnos de 2ºESO ao obradoiro "Sensores para todos" e á exposición "Sensores" en Lugo organizado por Igaciencia dentro da Semana da Ciencia.

Imaxe de depmat

3º PREMIO METEOESCOLAS PARA O NOSO CENTRO

O noso centro ven de gañar o 3º premio do concurso de Meteoescolas. O noso proxecto "Meteosansa" foi seleccionado de entre os 36 centros galegos que participaron este curso neste apartado do plan Proxecta.

O director do plan Proxecta, o director de Meteogalicia e a responsable do programa Meteoescolas visitaron o noso centro este venres 20 para entregarnos o premio e o diploma.

 irector Meteogalicia e Plan Proxecta

Esperamos as vosas visitas ao noso blog, pinchando no icono Meteosansa á dereita desta mesma páxina. Aínda que este verán non teremos novos traballos esperamos comezar en setembro con novos proxectos.

A nosa estación automática non descansa e ofrece información todo o ano!!

PREMIO DE ROBÓTICA PARA O CENTRO

Aquí tedes a reseña que facía A VOZ DE GALICIA, na súa edición de Coruña, da entrega dos premios do 6º Concurso Galego de Robótica. O acto tivo lugar na Fundación Barrié de la Maza e nela, os nosos representantes de 1º ciclo recolleron o seu agasallo, acompañado polas profesoras María Estraviz e Julia Ríos.

Parabens a todos eles. Unha pena que a foto sexa tan pequena. No documento que se xunta tédela máis ampliada pero con bastante perda de resolución.

O que se confirma en todo caso é o bo traballo que María e Julia están a facer cos rapaces dentro dos Contratos-Programa da Xunta de Galicia nos que participa o colexio, dentro da súa modalidade de excelencia académica...e desde logo o ben que os alumnos/as o están a pasar desenvolvendo esta actividade.

PREMIO DE ROBÓTICA PARA O CENTRO

Meteosansa

Meteosansa é o espazo no que iremos recollendo todo o traballo que durante este curso 2013-2014 fagamos dentro do grupo meteoescolas do plan proxecta.

Meteosansa

Meteosansa

meteoescolas

Aquí poderás visualizar a recollida de datos meteorolóxicos feitos na estación manual do CPI de San Sadurniño.

meteoescolas
Imaxe de depmat

O CLUB DE CIENCIAS DO CPI SAN SADURNIÑO

Este curso estamos comezando a poñer en marcha un club de ciencias no noso CPI con dúas seccións: primaria e secundaria.

Podedes visitar a nosa aula virtual para ver os proxectos que se están a levar a cabo.

Pode formar parte calquera alumno movido pola curiosidade cara temas científicos: astronomía, bioloxía, informática, meteoroloxía,...e outros moitos que podan xurdir.

 

Imaxe de depmat

GRÁFICAS DOS DATOS METEOROLÓXICOS DA ESTACIÓN DO NOSO CENTRO

Os alumnos do club de ciencias de secudaria elaboraron as gráficas seguintes a partir dos datos obtidos pola estación meteorolóxica situada no edificio de secundaria.

Esta estación posta en marcha polos departamentos de Bioloxía e Xeoloxía e Educación Plástica descarga os seus datos á páxina web do centro.

Podes ver as gráficas abrindo o arquivo adxunto a este artigo ou ven visitar a nosa aula virtual.

Distribuir contido


by Dr. Radut