Novas

Imaxe de biblioip

LECTURAS POLA IGUALDADE

A Biblioteca de Infantil e Primaria preparou esta selección de libros para que reflexionedes sobre a igualdade entre mulleres e homes e o respecto ás ideas doutras persoas.

Facendo clic na imaxe teredes acceso a esta pequena guía. 

 

 

Imaxe de biblioip

AS PANTASMAS NA BIBLIO DE SANSIÑO

Na seguinte presentación podedes ver o primeiro boletín deste curso que preparamos coas novidades da Biblioteca de Infantil e Primaria.

Dedicámosllo a lecturas de pantasmas, xa que é o tema que escollimos para as Lecturas de medo que imos facer no Samaín.

O noso centro, un dos protagonistas na actividade "Reunión de traballo robótica primaria".

No día de hoxe catro alumnas e alumnos de 5º de Educación Primaria (Adrián Fernández, Alma Penabad, Diana Pita e Jaime Rodríguez) acompañados polos mestres Mar e Iván, participaron nesta actividade organizada pola Consellería de Educación.

Esta reunión de traballo englóbase dentro das actividades do programa "Introdución á robotica educativa en Primaria", programa no que o noso centro está a tomar parte durante este curso.

 

O alumnado realizou unha demostración en vivo de como traballamos nas clases de Robótica que se imparten en 4º de Educación Primaria, durante a cal recibiron a visita de Román Rodríguez, Conselleiro de Educación. Segundo fontes da Consellería, o curso pasado fomos o único centro público de Galicia que impartiu Robótica coma área de libre configuración na etapa de Educación Primaria.

Así mesmo, o profe Iván participou coma poñente na mesa redonda que levaba por título "Experiencias robótica primaria". Na mesma, falou do procedemento que seguiu o noso centro para obter a aprobación da administración educativa para impartir Robótica coma área de libre configuración, así coma de aspectos relacionados coa posta en práctica e desenvolvemento desta área.

Xa para rematar, aí tedes uns vídeos nos que podedes apreciar o ambiente vivido durante a actividade, así coma o tan bo desempeño do alumnado, feito polo que recibimos multitude de felicitacións. E mil grazas á profe Mar polas imaxes e os vídeos!


 

O CPI SAN SADURNIÑO PARTICIPA NO I FORO DA EDUCACIÓN

O sábado 2 de maio celebrouse no Pazo de Congresos de Vigo o I Foro de Educación, organizado polo Faro de Vigo.

O noso centro foi invitado a participar xunto con Pedro Sarmiento, coordinador nacional do Proxecto Lóva, para desenvolver o obradoiro “Da emoción á aprendizaxe. Proxecto LÓVA”.

Reproducimos a continuación a referencia que aparecía no programa do Foro:

 

Obradoiro: “Da emoción á aprendizaxe. PROXECTO LÓVA” - Impartido por PEDRO

SARMIENTO e CPI SAN SADURNIÑO

Pedro Sarmiento e o CPI San Sadurniño impartirán o obradoiro "Da emoción á aprendizaxe. Proxecto LÓVA". Crear unha ópera e lanzar unha mensaxe ao mundo é un gran reto. Para superalo, a clase necesita aprender, esforzarse e traballar unida. Por iso, o coordinador do proxecto, plantexa un taller participativo no que vivir as emocións ás que se enfronta unha clase que se converteu nunha compañía de ópera.. Entre as capacidades que a experiencia LÓVA logrou desenvolver nos estudantes figuran o traballo en equipo, a responsabilidade, a autonomía, a relación ou a conciencia emocional.

 

Alumnado representante das compañías de ópera Botón, Cazasoños (que no curso pasado participaron no Proxecto Lóva) e Bombiglobo (que está realizando este ano o proxecto), trasládaronse a Vigo, acompañados dos seus pais e dos mestres, para falar da súa experiencia.

Eles sós foron quen de dirixir e organizar os dous obradoiros, facendo que os adultos participasen nunha serie de xogos e dinámicas coas que explicaron o proxecto e respostaron ás cuestións que lles plantexaron na sesión.

 

Parabéns aos alumnos por facernos disfrutar dunha xornada inesquecible pola emoción que souberon transmitir.

 

http://www.farodevigo.es/multimedia/videos/actualidad/2017-05-28-121844-talleres-foro-educacion-faro-vigo.html

Premendo na seguinte imaxe teredes acceso a un pequeno vídeo con algunha das dinámicas realizadas

 

 

 

 

 

Novo "parque móbil" no centro.

A pasada semana realizouse a adquisición dos robots para desenvolver a área de libre configuración de Robótica en 4º de Educación Primaria.

Xa están montados e listos para funcionar, e mañá serán estreados polo alumnado.

O primeiro reto ao que se enfrontará o alumnado é a programalos para que actúen coma un coche de policía. Segundo se vaian producindo, xa iremos informando dos avances ao respecto.

O PROXECTO LÓVA DO CPI SAN SADURNIÑO FINALISTA NA VII EDICIÓN DO “CONCURSO DE BBPP EDUCATIVAS”

 

A Asociación “Mejora tu Escuela Pública” convocou a VII edición do seu concurso de Boas Prácticas Educativas, no que podían participar as experiencias educativas levadas a cabo durante o curso 2015-16 en centros públicos do Estado Español.

 

A Asociación “MEP” é unha asociación promovida por profesores, directivos, pais e nais da escola pública, de carácter civil, recoñecida de Utilidade Pública , que busca contribuír á mellora do ensino público.

 

O CPI San Sadurniño presentou ao concurso o Proxecto Lóva desenvolvido durante o curso 2015-2016 nos cursos de sexto de infantil e quinto de primaria, consistente na formación dunha compañía de ópera para crear e producir unha ópera orixinal.

 

Presentáronse 240 centros de toda España e aínda que non fomos un dos centros premiados, o traballo “Unha ópera na escola. Proxecto Lóva. CPI San Sadurniño” aparece na acta como un dos oito traballos finalistas dentro da modalidade A - Centros de Infantil, Primaria e Educación Especial.

 

Na acta do xurado do 12 de xaneiro de 2017 faise referencia á grande calidade dos traballos presentados nesta convocatoria e que o proxecto do noso centro , igual que os outros finalistas, “é merecedor de recoñecemento público e así contribuír á difusión e posible réplica destas prácticas noutros centros, para a contribución e mellora da calidade da escola pública”.

http://www.mejoratuescuelapublica.es/buenas-practicas/otras-buenas-practicas/secundaria/item/1875-acta-fallo-del-jurado-vii-convocatoria-del-concurso-de-bbpp-educativas.html

Adscrición do profesorado de Educación Infantil e Primaria

No arquivo adxunto atópase información sobre:

  • Titores/as.
  • Mestres/as especialistas.
  • Membros do Equipo de Orientación.

Educación Infantil e Primaria: reunión de principio de curso coas familias: xoves 15 ás 17:00 h

A tradicional reunión coas familias de comezo de curso terá lugar o vindeiro xoves 15 ás 17:00 h.

A reunión será coa DIRECCIÓN, ORIENTACIÓN E TITORES.

Están convocadas todas as familias con alumnado que curse as etapas de Educación Infantil e Educación Primaria agás 4º de Educación Infantil, curso que a celebrará o xoves 8 ás 11:00 h.

 

Libros de texto de Música de Primaria

1º de Primaria: mercar só o libro.

2º de Primaria: non mercar nada.

3º de Primaria: mercar só o caderniño.

4º de Primaria: mercar só o caderniño.

5º de Primaria: no mercar nada.

6º de Primaria: non mercar nada.

O PROXECTO LÓVA NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN

Nos seguintes enlaces podedes acceder á informacióon que aparece nos medios de comunicación sobre o proxecto Lóva e a estrea das óperas creadas polas compañías Botón, de 6º de infantil, e Cazasoños, de quinto de primaria.

LA VOZ DE GALICIA - 7 XUÑO 2016

 

WEB DO CONCELLO DE SAN SADURNIÑO - 7 XUÑO 2016

 

 

TVG - INFORMATIVOS  - 8 DE XUÑO DE 2016

 

 LA VOZ DE GALICIA - 8 XUÑO 2016

 

 

 

 

Distribuir contido