Educación Plástica
Outro programa de Radio Sansa
Enviado por depep o Xov, 17/03/2016 - 18:46Xa temos un novo programa de Radio Sansa nas ondas ou nos díxitos.... Non sen certos atrancos polo tempo e as condicións meteotecnolóxicas. Pero estamos de novo no ar. Programa variado con entrevistas e unha escolma de boa música feita polo alumado. Robótica, excursións, celebración do día paz, viaxe de fin de curso... e algunhas cousas máis... Sempre emitindo temas baixo Creative Commons, dende a comunidade escolar para o mundo (mundial).
Esperamos que sexa do voso agrado e vos animedes a participar...
Inicia a súa andaina Radio Sansa
Enviado por depep o Xov, 28/01/2016 - 14:48Hoxe iniciou a andaina un novo proxecto de radio escolar no CPI San Sadurniño coa realización do primeiro programa de proba. Podedes escoitalo na web de Radio Sansa.
Radio Sansa é un proxecto de radio escolar do C.P.I. San Sadurniño que dende a materia de educación plástica, visual e audiovisual quere chegar a toda a comunidade educativa e implicar a todo o alumnado e profesorado do centro, dende infantil a secundaria.
No momento actual estamos na fase de probas tratando de axustar a parte técnica e implicando e axudando ao alumnado para que sexan quen de desenvolverse sen moitos atrancos cos medios dos que dispoñemos.
Inicialmente os programas serán gravados para colocalos nesta web de maneira que poidan ser escoitados en calquera momento. Estamos a facer probas tamén coa emisión en vivo por internet de maneira que as producións en directo poderán ser escoitadas cando superemos algúns atrancos técnicos. Poida que máis adiante, se somos quen de asentar o proxecto cun grupo activo e estable de colaboradores, miremos a posibilidade de emitir usando unha pequena emisora de FM
Na nosa radio empregamos programas libres para a creación dos nosos programas. Traballamos sobre un sistema GNU/Linux con aplicacións de son como IDJC, Jack, Audacity, Audacious, ou Puddletag entre outras.
A música que escoitaredes na nosa radio será sempre baixo unha licenza que permita a súa libre difusión para respectar os dereitos de autor. As atribucións de autoría e información sobre os temas musicais empregados aparecerán en vivo nas nosas emisións en directo.
Esperamos que os nosos esforzos sexan do voso agrado e contamos coa vosa participación para darlle vida a este proxecto radiofónico escolar e comunitario. Vémonos nas ondas... ou nos bytes.
Instantes na memoria...
Enviado por depep o Mér, 17/06/2015 - 19:01Na da cámara cando menos. Unha escolma de fotografías feitas polo alumnado de 3º da ESO do CPI San Sadurniño. Algúns dos temas propostos foron paisaxe, macro, instantánea, urbana, velocidade de obturación, profundidade de campo...
Estamos animados...
Enviado por depep o Xov, 11/06/2015 - 07:10Unha sinxela animación 2D clásica feita polo alumnado de 1º da ESO empregando o programa Tupi
Concurso de carteis do XXXIII Festival Irmandiño
Enviado por depep o Xov, 24/05/2012 - 06:42Os alumnos de 4º de ESO do noso centro participaron no concurso de carteis do XXXIII Festival Irmandiño. Os responsables do concurso comunicaron no seu facebook o resultado do mesmo da seguinte maneira:
Xa temos gañador do Concurso de Carteis para o XXXIII FESTIVAL IRMANDIÑO: o traballo presentado por Iria Pena Carrodeguas, alumna do CPI San Sadurniño. Parabéns para Iria e para todos os participantes!!
Fotografía 3º ESO
Enviado por depep o Lun, 13/02/2012 - 20:53Vai a presentación que podedes ver en liña para lembrar o explicado na clase.
Non necesitas máis que o navegador e o teclado para moverte por ela...
Para vela correctamente emprega o navegador Firefox
Tarda un retiño en cargar completamente.
