Skip to Content

NOITE DE OBSERVACIÓN ASTRONÓMICA

Imaxe de depmat

A noite do 22 de maio organizamos unha observación astronómica á que estaban invitados todos os alumnos do centro. A convocatoria resultou un éxito especialmente entre os máis pequenos.

Paulino Gasalla, membro da Sociedade Galega de Historia Natural e divulgador de temas de Astronomía, sumerxiunos nunha viaxe polo espacio.

 

Paulino Gasalla e unha viaxe espacial

Ás 22:30 saímos ao patio do centro a esperar que o crepúsculo fora tornandose noite e nos permitira disfrutar dunha perfecta noite estrelada. Puidemos observar primeiro a simple vista e despois co telescopio do centro Venus, A Lúa, Xúpiter e Saturno. Tamén aprendimos a recoñecer moitas estrelas: Capella, Cástor e Póllux, Regulus, Spica, Arturus e Vega. Desfrutamos das constelacións zodiacais Xéminis e Virgo, da constelación do León e doutras máis comúns como a Osa Maior e Casiopea.

Ler máis.

AdxuntoTamaño
20150522_215955_resized2.jpg76.4 KB


blog | by Dr. Radut