Día de Rosalía: recuncho rosaliniano, lecturas e recital

Estes días podedes ver un espazo moi especial no primeiro andar do edificio de EI e EP: O Recuncho de Rosalía. Neste espazo amosanse algúns dos libros da autora, unha escolma de versos acompañados de imaxes da exposición de Ruth Matilda Anderson (fotografa estadounidense que visitou Galicia en 1925) e unha cesta con rolos nos que están escritos algúns dos seus poemas para coller e le nas aulas. De feito, o pasado luns foron algúns alumnos e alumnas de 1º de ESO a lerlles aos nenos e nenas de Educación Infantil un deles. Hoxe continuamos a celebración desta data cun recital dos seus poemas por parte do alumnado de secundaria na biblioteca no tempo de lecer do mediodía.

AdxuntoTamaño
IMG_20190225_132651.jpg88.59 KB
IMG_20190226_140945.jpg80.19 KB