Skip to Content

X ENCONTRO ESCOLAR DE XOGOS TRADICIONAIS

O sábado 4 de xuño, organizado por Brinquedia Rede Galega do Xogo Tradicional (entidade da que é socio o noso centro), terá lugar esta actividade en Muimenta (Cospeito-Lugo) en xornada de mañá e tarde.

Podedes atopar máis información de en que consiste facendo clic na seguinte imaxe:

E para todas aquelas persoas interesadas en asistir, pregamos cubran o seguinte formulario de inscrición (de ser posible antes do mércores 11 de maio):

DÍA DA CIENCIA 2016 INFANTIL E PRIMARIA

O pasado xoves o noso centro celebrou o Día da Ciencia. Nesta actividade, o alumnado de tódolos cursos preparou diferentes experiencias científicas para amosarlle ao resto de compañeiros/as do cole.

Facendo clic na seguinte imaxe accederedes a un vídeo-resumo:

EXITOSO DÍA DA CIENCIA NO COLEXIO

Hoxe xoves 5 de maio dedicámosllo en secundaria a difundir o traballo que os nosos alumnos e alumnas de ESO levan facendo durante todo o ano. Foi o noso particular DÍA DA CIENCIA, que leva camiño de instaurarse definitivamente no centro.

Os departamentos de Matemáticas, Tecnoloxía, Bioloxía e Xeoloxía e Física e Química presentaron as súas propostas.

Todos quedamos encantados co resultado. Son unha xornadas que esixen un esforzo extra por parte de alumnos e profesorado pero que ao final compensa, porque serve que ver o moito que se leva facendo durante o curso, a calidade dos proxectos e a posta en escea por parte dos rapaces, que o fixeron estupendamente.

Parabéns a todos os que fixeron posible esta bonita xornada.

 

EXITOSO DÍA DA CIENCIA NO COLEXIO

Folliña voandeira do Día da Ciencia

Mañá coma sabedes celebramos o Día da Ciencia no noso centro e dende a biblioteca sumámonos a esta conmemoración cunha "folliña voandeira" que nomeamos Bibliocienciando.  E a nosa segunda voandeira para este evento, posto que xa elaboraramos unha no curso 2013-2014 que podedes atopar aquí.

QUEDADA-ENTRENAMENTO CARREIRA POPULAR

Quedadas de entrenamento

Nesta sección iremos colgando fotos e comentarios das quedadas de entrenamento

da III carreira popular de San Sadurniño

 

Primeira quedada

O pasado domingo fixemos a primeira quedada para entrenar cara a carreira popular. Nunha mañá soleada e apacible fixemos un entrenamento conxunto arredor do paseo do río. Animádevos o vindeiro domingo¡¡¡

 

Segunda quedada

Parece que a cousa comeza a animarse!!!  este domingo  sumamos  38, bueno 39 con "Tiza"   (a mascota)

 

 

 

Terceira quedada

Este domingo continuamos coas quedadas para preparar a carreira. Xa queda menos!.

quedada 

 

 

Cuarta quedada

E de novo este martes 17 vímonos para quentar motores...

quedada

CONMEMORACIÓN DO DÍA DO LIBRO 2016

O venres 22 de abril o alumnado de infantil e primaria celebrou o Día do Libro. Como este ano se conmemora o catrocentos aniversario da morte de Miguel de Cervantes, decidimos organizar diversas actividades para lembrar a súa vida e a súa obra.

Nos corredores do colexio apareceron as imaxes dos principais personaxes de "El Quijote". Tamén se traballou nas aulas mediante a realización dun xogo de pistas.

Ao longo da mañá os alumnos e alumnas de primeiro a sexto baixaron á Casa da Cultura para participar no Maratón de Lectura, lendo diferentes adaptacións do "Quijote", o alumnado de 1º da ESO participou no Maratón coa lectura do autor Manuel María.

 

Durante a "Hora de ler" realizamos a actividade dos "PADRIÑOS E MADRIÑAS LECTORES". Os alumnos e alumnas dos cursos superiores len un conto aos seus afillados e afilladas. Unha mañá distinta, na que todos os currunchos do patio se transforman nun emocionante lugar de lectura. Premendo na seguinte imaxe podedes ver un resumo desta actividade.

 

DÍA DA CIENCIA-5 DE MAIO

O próximo xoves 5 de maio celebraremos no colexio unha xornada dedicada a amosar o que se leva facendo na ESO todo este curso relacionado coas ciencias. Os departamentos de Bioloxía e Xeoloxía, Física e química, Matemáticas e Tecnoloxía exporán unha serie de experiencias do máis variado. Serán os propios alumnos e alumnas os encargados de facelo. Ao longo da xornada todo o alumnado irá pasando polos diferentes estands para entender algo mellor cada investigación.

Recomendamos que esteades atentos porque haberá unha serie de preguntas de diferente dificultade coas que, se as respondedes ben, podedes gañar un vale de 30 euros para gastar nun importante comercio da zona.

Non o fagas só polo diñeiro. Recomendámosche que prestes atención porque os que cho van contar son os teus compañeiros, e o que che van contar é a labor que eles fixeron co seu esforzo e interese.

Esperamos que a xornada sexa un bonito broche de ouro a todo un ano de traballo.

 

DÍA DA CIENCIA-5 DE MAIO

AVALIACIÓN INDIVIDUALIZADA DE TERCEIRO DE PRIMARIA E AVALIACIÓN FINAL DE EDUCACIÓN PRIMARIA

 

Proximamente realizaranse as probas de avaliación individualizada no curso de 3º de Educación Primaria (24 e 25 de maio), e as probas de avaliación final de Educación Primaria en 6º (11,12 e 13 de maio) segundo o establecido na Resolución do 18 de abril da Consellería de Educación.

A finalidade destas probas é:

Achegar información individualizada de cada alumno ou alumna avaliado sobre o seu progreso no grao de adquisición das competencias obxecto de avaliación e contribuír á detección de dificultades na aprendizaxe. 

Achegar información e orientar os centros educativos para que, en función dos resultados obtidos polo seus alumnos e alumnas, cada centro adopte as medidas necesarias que redunden na mellora do proceso educativo. 

Achegar información ás familias e á Administración educativa sobre o progreso da aprendizaxe do alumnado que contribúa a orientar a toma de decisións e o establecemento de medidas encamiñadas á mellora educativa.

 

TODA A INFORMACIÓN EN:

http://www.edu.xunta.es/portal/node/18816

 

PREMIO EN ROBÓTICA

Xa o anticipabamos onte...hoxe un grupo de alumnos e alumnas do colexio, optaban ao premio de robótica convocado pola fundación Barrié. E finalmente acadaron o 2º PREMIO, un LEGO WeDo, un software con boas aplicacións en educación.

Noraboa a todos eles así como aos profesores responsables.

Agradecer a Igaciencia a boa organización do evento.

Os nosos parabéns, porque vemos que o traballo en robótica segue a dar moi bos froitos.

PREMIO EN ROBÓTICA

O Diario de Ferrol faise eco do Proxecto LOVA

Na edición dixital do Diario de Ferrol de hoxe aparece unha nova recollendo o traballo que están a desenvolver alumnado e profesorado de 6º de Educació Infantil e 5º de Educación Primaria dentro do proxecto LOVA.

Facendo clic na seguinte imaxe podedes acceder a dita nova:

Distribuir contido


by Dr. Radut