Skip to Content

VISITA Á UNIVERSIDADE DA CORUÑA

O pasado martes 8 de novembro os rapaces e rapazas de 3ºESO do colexio tiveron o privilexio de asistir a unha clase práctica na facultade de química da Universidade da Coruña impartida pola catedrática de Química Inorgánica Mª Teresa Rodríguez Blas.

Foron 3 horas que pasaron voando e nas que "Maite" fixo gala das súas innegables calidades didácticas para captar a atención de todos durante toda a mañá. Descubrimos as interesantes e divertidas propiedades do xeo seco e do nitróxeno líquido, vimos levitar un corpo debido ás súas propiedades supercondutoras, houbo "miragre" ao converter auga en viño e cognac..ja ja, xogamos un anaco coa táboa periódica, descubrimos un cuarto estado da materia (plasma) e ata fixemos unha explosión controlada de sodio en auga.

O dito, unha mañá intensa pero moi divertida e interesante. Grazas a "Maite", que derrocha entusiasmo sempre neste tipo de reunións, o cal sempre é un alicerce máis para conseguir achegar a ciencia ao alumnado.

Celebramos así o noso particular mes da ciencia.

Grazas a todos polo magnífico comportamento e interese na actividade.

VISITA Á UNIVERSIDADE DA CORUÑA

A nosa sorpresa lectora de medo

O pasado xoves 27 de setembro un grupo de alumnas e alumnos de 1º de ESO xuntouse na biblioteca para ler un conto de medo moi especial: "Noites de lúa chea" do libro Contos por palabras de Agustín Fernández Paz. Moitas grazas pola súa participación e ata as próximas lecturas.

 

CONVOCATORIAS ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR E CALENDARIO DE ELECCIÓNS

No taboleiro de anuncios do centro e en arquivos adxuntos tedes publicados os censos electorais e as convocatorias de eleccións. 

O prazo de presentación de candidaturas remata o vindeiro VENRES 11 DE NOVEMBRO ÁS 14:00 HORAS. 

 

VI CONCURSO CIENTÍFICO

Outro ano máis convocamos desde o centro un concurso relacionado coa ciencia. Novembro é o mes dedicado á ciencia e para conmemoralo volvemos a pedirvos que saquedes os vosos móbiles ou cámaras de fotos e fagades uso da vosa imaxinación para buscar ao voso arredor elementos, situacións, fenómenos...que estean relacionados coa ciencia e os plasmedes en fotografías.

Podedes participar todos os alumnos e alumnas de ESO.

Damos de prazo ata o 16 de xaneiro e se gañades teredes as saídas extraescolares gratuítas a partir de febreiro.

No documento que se xunta tedes as bases máis polo miudo.

Imaxe de biblioip

MERENDAS TERRORÍFICAS

Neste Samaín moito medo pasei...

Pero sabedes que para non ter medo ás bruxas, aos vampiros, aos monstros, aos fantasmas, ás momias, aos demos e ás demais criaturas terroríficas, hai que comer moito e alimentos sans.

Por iso nesta semana as nosas merendas nos serviron para coller moita forza e a ter un pouquichiiño de menos medo.

Premendo na imaxe podedes ver as nosas merendas terroríficas.

 

 

Imaxe de biblioip

É TEMPO DE SAMAÍN

Chegou o Samaín e tamén as lecturas de medo que tanto nos gustan.

A nosa amiga a bruxa anda a facer as súas pocións máxicas e no caldeiro de cada curso anda a remexer os seus ingredientes.

Axúdalle a cociñar. Vai ao caldeiro do teu curso e saca o ingrediente que a bruxa está a meter. 

Este ingrediente ten unha sorpresa!!!!

Pois si, trae unha etiqueta co libro que terás que ler cos teus compañeiros.

Busca o libro no expositor e .... A TREMER DE MEDO!!!!!

 

PREMENDO NA IMAXE VERÁS UN PEQUENO VÍDEO

ELECCIONS CONSELLO ESCOLAR

SORTEO PÚBLICO PARA DESIGNACIÓN DOS MEMBROS DA XUNTA ELECTORAL

 

O vindeiro MARTES 25 de outubro ás 14:05 horas na secretaría do CPI DE SAN SADURNIÑO, celebrarase o sorteo público para a designación dos membros da xunta electoral para as eleccións ó consello escolar. 

 

San Sadurniño a 21 de outono de 2016

 

O director, Lois Anxo Rodríguez Calvo

 

COMEZO DA XORNADA DE INVERNO CON CLASES POLA TARDE MARTES E XOVES

O luns 3 de outubro comezamos co horario de inverno, co cal ata o vindeiro mes de xuño teremos clases pola tarde os martes e xoves.

REUNIÓNS INICIO DE CURSO ESO

 

O vindeiro MARTES 4 DE OUTUBRO ás 17:10 horas teremos á reunión de inicio de curso coa DIRECCIÓN e os TITORES e TITORAS. Dada a relevancia dos temas a tratar agardamos contar coa vosa presencia. 

 

CALENDARIO ESCOLAR 16-17

Enlace ó calendario escolar. Pulsar AQUÍ.

Distribuir contido


by Dr. Radut