Skip to Content

ACTIVIDADES DO DÍA DA PAZ EN EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA - CURSO 2015-2016

ESTA ENTRADA FOI ELIMINADA POR ERROR. 

VOLVEMOS A PUBLICALA CUNHA DATA POSTERIOR Á REALIZACIÓN DAS ACTIVIDADES.

O 30 de xaneiro conmemoramos o Día Escolar da Non Violencia e da Paz. O alumnado de Infantil e Primaria bailamos todos xuntos a canción de Magín Blanco "Rumba das apertas". Se queredes ver o noso baile, premede no seguinte enlace:

 Para reflexionar sobre a problemática dos refuxiados, algúns alumnos e alumnas de quinto e sexto deron lectura a uns textos sacados do libro "Un día tuvimos que huir" e da páxina web de ACNUR, mentres se proxectaban as imaxes feitas por nenos e nenas refuxiados no campo de Kakuma (Kenia). Aquí podedes ver a presentación: 

Por último, puidemos ver a presentación que fixeron os nosos profes coas APERTAS POLA PAZ que nos dimos entre nós.

 

Día Mundial da Poesía

O vindeiro 21 de marzo conmemórase o Día Mundial da Poesía e nós querémonos celebrar esta data cunha homenaxe ao poeta Rubén Darío de cuxo falecemento veñen de cumprirse 100 anos o pasado 6 de febreiro. Premede aquí se queredes coñecer a nosa homenaxe a Rubén Darío e á poesía.

Outro programa de Radio Sansa

Xa temos un novo programa de Radio Sansa nas ondas ou nos díxitos.... Non sen certos atrancos polo tempo e as condicións meteotecnolóxicas. Pero estamos de novo no ar. Programa variado con entrevistas e unha escolma de boa música feita polo alumado. Robótica, excursións, celebración do día paz, viaxe de fin de curso... e algunhas cousas máis... Sempre emitindo temas baixo Creative Commons, dende a comunidade escolar para o mundo (mundial).

Esperamos que sexa do voso agrado e vos animedes a participar...

 

UN CONTO CANTADO

Vane, a nai de Edel, veu á clase a cantarnos "O coelliño branco". Unha forma diferente e divertida de achegarnos aos contos.

LEVANDO A QUÍMICA Á COCIÑA

Hoxe levamos a cabo a tarefa REALIZACIÓN QUÍMICA DUN BISCOITO dentro do departamento de Física e Química.
Tratábase de ver cómo no, aparentemente simple, acto de elaborar un biscoito, podíamos atopar unha chea de procesos químicos e físicos cos que estamos moi familiarizados.
O día resultou bastante frutífero, os rapaces e rapazas pasárono ben, aprenderon química dun xeito diferente e elaboraron un produto socialmente relevante.
Ao final, os 6 biscoitos preparados foron catados por profesores e alumnos, emitindo cada un deles a súa opinión en relación á presentación e ao sabor.
LEVANDO A QUÍMICA Á COCIÑA

Actividades do Día da Muller

Hoxe, alumnado de 3º e 4º curso de Educación Primaria acudiu a unha actividade no Auditorio da Casa da Cultura, organizada polo Concello co gallo da celebración do Día da Muller.

Alí, escoitaron e leron textos relacionados coa temática.

 

Podedes atopar máis información do evento na páxina web do Concello, e máis imáxenes no seu Facebook.

XORNADA DE PORTAS ABERTAS PARA ALUMNADO DE 4º DE INFANTIL

O vindeiro martes 15 de marzo ás 16:00 horas teremos unha xornada de portas abertas para que as familias que o desexen vexan as instalacións do centro e poidan consultar algúns aspectos básicos do funcionamento do centro.

 

Gala da "Olimpiada del Saber"

Na mañá de hoxe celebramos esta gala, na que se desvelaron as 10 primeiras posicións desta interesante actividade.

Todos os participantes recibiron coma agasallo unha medalla. Os dez primeiros equipos, o seu "diploma olímpico", e os tres primeiros uns cheque-agasallo para a adquisición de material deportivo, informático ou de papelería.

Se queres ver o vídeo resumo da gala, fai clic na seguinte imaxe:

Día Internacional da Muller

Unímonos á conmemoración desta data cunha presentación sobre a matemática Sofia Kovalésvkaia e a súa relación coa literatura.

 

 

Vídeo da "Olimpiada del saber"

Velaí vai o vídeo cos equipos participantes e os 10 primeiros clasificados.

Facendo clic na imaxe accederedes a el.

Distribuir contido


by Dr. Radut