Skip to Content

Vídeo do Acto Central do Día do Peón.

O pasado 11 de novembro, o noso centro acolleu o Acto Central do Día do Peón. O Día do Peón é unha actividade convocada por Brinquedia Rede Galega do Xogo Tradicional a nivel galego, e que incluso ten participantes e seguidores no resto do estado.

Facendo clic na seguinte imaxe poderedes ver un vídeo no que se atopan recollidas as diferentes actividades realizadas co alumnado do noso centro, así coma con alumnado convidado doutros centros da comarca. Que eses peóns non paren de bailar!

2ª CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR

No seguinte enlace podedes atopar toda a información das axudas para adquisición de material escolar, para aqueles que non puideron acudir á primeira convocatoria. 

Agora, mediante a presente orde, apróbase unha segunda convocatoria de axudas para adquirir material escolar destinada ao alumnado que non puidese acollerse ás axudas reguladas pola Orde do 25 de agosto de 2015, e a aquel que, tendo solicitada a axuda, resultase excluído por unha causa emendable. O texto da presente orde mantén un paralelismo case total co da Orde do 25 de agosto de 2015, para facilitarlles ás familias a realización dos trámites necesarios e aos centros docentes a xestión das axudas. 

http://www.edu.xunta.es/portal/node/17558

 

Imaxes do Acto Central do Día do Peón.

Mentres estamos a traballar na elaboración dun documento audiovisual que recolla as diferentes actividades realizadas neste evento, podedes ver unhas imaxes publicadas no Facebook do Concello de San Sadurniño facendo clic nesta imaxe:

 

O CPI de San Sadurniño acolle o Acto Central do Día do Peón

O vindeiro mércores 11 de novembro o noso centro acollerá o Acto Central do Día do Peón. O Día do Peón é unha actividade convocada por Brinquedia Rede Galega do Xogo Tradicional, que nesta ocasión chega á súa 11ª edición, na que xa temos participado dende hai varios anos.

Nesta edición, o noso centro foi seleccionado para acoller o Acto Central, acto que se celebra cada ano nunha localidade diferente coa intención de ser o epicentro da actividade e favorecer a realización dunha actividade colectiva.

Así, contaremos coa presenza de alumnado e profesorado dos seguintes centros educativos: CEIP Mosteiro de Caaveiro (A Capela), CEIP de San Ramón (Moeche), CEIP A Laxe-Valón (Ferrol), CRA de Valdoviño e CEIP Centieiras (Fene).

Serán polo tanto máis de 550 rapazas e rapaces e preto de 50 mestras e mestres quen participen das diferentes actividades deseñadas e que se desenvolverán no seguinte horario:

De 11:15 a 12:45 (por grupos):

  • Demostración en vivo dun torneiro.
  • Demostración de habelencias.
  • Obradoiros:
    • Xogando con bailaretes.
    • Construción de bailaretes.
    • Decoración de bailaretes.
    • Baile tradicional.
  • Decoración dun peón xigante.
  • Xogos con peóns.
  • Visita á exposición “O peón, un mundo de amigos”.

De 12:45 a 13:15 (en conxunto):

  • Lectura do Manifesto do Día do Peón por parte do seu autor, Secundino García Mera (Director do Museo Etnográfico de A Capela).
  • Tirada conxunta de peóns.
  • Bailado dun peón xigante.

Noutras edicións temos convidado ás familias e veciños a participar nesta actividade, pero dado o elevado número de alumnado participante, nesta ocasión isto só será posible nas actividades que se desenvolverán en conxunto.

Para o desenvolvemento desta actividade contamos coa colaboración de:

  • Concello de San Sadurniño.
  • “No Cómbaro”, grupo musical pontés que poñerá a música en vivo no Obradoiro de Baile Tradicional.
  • Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo, que emprestou a exposición “O peón, un mundo de amigos”.

COMEZA UNHA NOVA EDICIÓN DO PROXECTO RÍOS NO CPI DE SAN SADURNIÑO

Información no seguinte enlace.

Blogue proxecto ríos

 

Suxestións de lectura para o 1º trimestre

Estas son as nosas suxestións de lectura para o 1º trimestre.

O CPI DE SAN SADURNIÑO participa na Codeweek-Semana Europea da Programación

Alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria vai participar na semana europea da programación. 

A Codeweek-Semana Europea da Programación é un evento promovido pola Comisión Europea co que se pretende introducir a rapazada no que se denomina "pensamento computacional". Dito doutro xeito: que os nenos e nenas aprendan a buscar solucións a problemas da vida diaria valéndose da informática e as tecnoloxías da información e a comunicación. Trátase dunha competencia indispensable na actualidade de cara a comprender como funciona o mundo dixital e a mellor maneira de adquirila quizais sexa a través do xogo. Por iso a Codeweek propón ata o 18 de outubro un xeito atraente para a infancia de empezar a programar. O CPI de San Sadurniño é un dos centros participantes canda colexios, entidades de 37 países. O alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria desenvolverá un evento durante estes días no que deberán empregar a lóxica e unha sinxela ferramenta de programación adaptada á súa idade.


Máis información na web do concello:

http://www.sansadurnino.es/SanSadurnino/novidades/datosNovidadeHistorico.jsp?tipoBusc=&concelleriaBusc=&idAxenda=&idAviso=&idNovidade=1301

 

V CONCURSO DE INVESTIGACIÓN E CIENCIA

Un ano máis, o departamento de Física e Química, en colaboración coa biblioteca, convoca un concurso co fin de fomentar a ciencia...lembrade que en Novembro celebramos semana da ciencia.

Este ano temos 2 modalidades, unha de investigacións científicas caseiras e outra de fotografía, e está aberta a todos os estudantes da ESO.

No arquivo que se xunta tedes as bases. ¡participa¡

 

ESCOLA DE FAMILIAS

Despois da boa acollida que tivo o ano pasado entre os pais e nais dos alumnos/as, este ano Concello, colexio e a asociación "Asfedro" volven a ofertar esta actividade.

No arquivo que se xunta podedes atopar todos os detalles da convocatoria.

Se es pai ou nai dun neno do colexio ¡anímate! cremos que non te arrepentirás.

INICIO CAMPAÑA RECICLAXE 2015-2016

Oficialmente empezamos o xoves 1 de outubro a nosa 3ª campaña de reciclaxe no colexio. Despois do éxito das 2 primeiras edicións, emperamos que máis xente se nos una nesta "teima" por reciclar que nos deu no colexio. 

Xa sabes ¡¡¡contamos contigo!!!

INICIO CAMPAÑA RECICLAXE 2015-2016
Distribuir contido


by Dr. Radut