Skip to Content

ENTROIDO 2016 - OS MANDADOS DO MECO

Nesta semana celebraremos o Entroido no noso colexio. Cada día da semana, o noso amigo Paquito o Meco, iranos indicando que temos que traer para acbar disfrazados todos o venres. 

Cada día aparecerá nesta entrada a proposta do Meco:

 

Día Escolar da Non Violencia e a Paz

O 30 de xaneiro conmemórase o Día Escolar da Non Violencia e a Paz. A data, coma todos sabedes, foi escollida por ser a do falecemento de Mahatma Gandhi. 

 

CONCURSO SOBREMESAS DE ENTROIDO

No arquivo adxunto tedes as bases do concurso aberto para as sobremesas típicas de entroido.

Animádevos e sorte¡¡¡

Inicia a súa andaina Radio Sansa

Hoxe iniciou a andaina un novo proxecto de radio escolar no CPI San Sadurniño coa realización do primeiro programa de proba. Podedes escoitalo na web de Radio Sansa

Radio Sansa é un proxecto de radio escolar do C.P.I. San Sadurniño que dende a materia de educación plástica, visual e audiovisual quere chegar a toda a comunidade educativa e implicar a todo o alumnado e profesorado do centro, dende infantil a secundaria.

No momento actual estamos na fase de probas tratando de axustar a parte técnica e implicando e axudando ao alumnado para que sexan quen de desenvolverse sen moitos atrancos cos medios dos que dispoñemos.

Inicialmente os programas serán gravados para colocalos nesta web de maneira que poidan ser escoitados en calquera momento. Estamos a facer probas tamén coa emisión en vivo por internet de maneira que as producións en directo poderán ser escoitadas cando superemos algúns atrancos técnicos. Poida que máis adiante, se somos quen de asentar o proxecto cun grupo activo e estable de colaboradores, miremos a posibilidade de emitir usando unha pequena emisora de FM

Na nosa radio empregamos programas libres para a creación dos nosos programas. Traballamos sobre un sistema GNU/Linux con aplicacións de son como IDJC, Jack, Audacity, Audacious, ou Puddletag entre outras.

A música que escoitaredes na nosa radio será sempre baixo unha licenza que permita a súa libre difusión para respectar os dereitos de autor. As atribucións de autoría e información sobre os temas musicais empregados aparecerán en vivo nas nosas emisións en directo.

Esperamos que os nosos esforzos sexan do voso agrado e contamos coa vosa participación para darlle vida a este proxecto radiofónico escolar e comunitario. Vémonos nas ondas... ou nos bytes.

¡¡¡EMPEZAMOS A COLABORACIÓN CON METEOGALICIA!!!

O CPI San Sadurniño é colaborador da rede de estacións meteorolóxicas de Meteogalicia coa nosa estación automática. Transmitimos datos á rede de Meteogalicia cada 10 mintutos, datos que se poden consultar a tempo real na páxina web de Meteogalicia. Tamén se poden consultar os históricos e as gráficas ...

¡¡¡EMPEZAMOS A COLABORACIÓN CON METEOGALICIA!!!

I CONCURSO DÍA DA ILUSTRACIÓN EN GALICIA

O equipo de dinamización de lingua galega publica a 1ª edición do concurso de ilustración en Galicia. Podedes atopar as bases do mesmo no arquivo que se xunta

OLIMPIADA DEL SABER

 

Como sabéis en este año 2016, que acaba de comenzar, se celebrarán en verano los Juegos Olímpicos de Río de Janeiro.

En el CPI San Sadurniño no vais a ser menos y el 15 de enero comenzará una gran olimpiada en vuestro colegio. No es una olimpiada cualquiera, ya que tendréis que ir superando todas las pruebas que os iré proponiendo día a día.

Para poder participar, tenéis que formar un grupo de 4 alumnos/as (os podré permitir un único grupo de 3 o 5 alumnos/as por clase).

A continuación os explico los diferentes tipos de preguntas que habrá en la olimpiada del saber:

 

  • PREGUNTA DEL DÍA: Todos los días os pondré una pregunta llamada “pregunta del día”. Si la lográis acertar, subirá a vuestro marcador 1 punto. Como soy muy bueno, en caso de que falléis no pasará nada, no os restaré ningún punto.

  • PREGUNTA SEMANAL: Todos los viernes os pondré una pregunta llamada “pregunta semanal”. Esta cuestión la tendréis que responder la semana siguiente. Podéis intentarlo todos los días que queráis, hasta que acertéis, y veáis en vuestra clasificación sumados los puntos de esta pregunta. Para ponerlo un poco más difícil cuánto más tardéis en resolver menos puntos os daré (si resolvéis el lunes os daré 5, si es el martes 4, el miércoles 3, el jueves 2 y el viernes solo 1). Pero también por cada día que contestéis mal os restaré 3 puntos. Cada día os daré una pista que os ayudará a resolver esta pregunta. Os aconsejo que no os arriesguéis hasta que lo sepáis seguro.

  • PREGUNTA VIAJERA: A lo largo de la olimpiada, algún día tendréis que contestar la “pregunta viajera”. Me encanta viajar por nuestro municipio y habrá días que haga una foto en él y tendréis que descubrir en qué lugar de la localidad estoy. Tendréis 2 días para contestarla. Si acertáis subirá a vuestro marcador 1 punto extra pero si falláis perderéis un punto. Tendréis una oportunidad para contestar cada día, es decir dos oportunidades.

 

¡¡¡MUCHA SUERTE Y PASADLO MUY BIEN!!!

 

Centenario de Miguel González Garcés

O 12 de xaneiro cumpríronse cen anos do nacemento do escritor e bibliotecario coruñés Miguel González Garcés. O seu centenario é unha das datas incluídas no Calendario do Libro e da Lectura do presente ano, polo que decidimos homenaxealo cunha breve lembranza da súa vida e obra que podedes atopar aquí.

Felices lecturas.

SAÍDA ESCOLAR DEPARTAMENTO DE RELIXIÓN

Como xa é tradicional, o departamento de relixión do colexio, levou aos seus alumnos e alumnas a visitar algún Belén da zona. Este ano os rapaces e rapazas de 6º primaria e 1 e 2º ESO acabaron en Betanzos, como podedes na fotografía.

 

SAÍDA ESCOLAR DEPARTAMENTO DE RELIXIÓN

OPERACIÓN QUILO

Outro ano máis o centro puxo o seu graniño de area para axudar aos máis necesitados e levamos a cabo a operación quilo, mediante a que fixemos acopio de bastantes produtos de primeira necesidade e que acabarán en Cáritas e na cociña económica de Ferrol. Grazas principalmente ás profesoras de relixión do centro, Mar e Manoli, que, coma sempre, levan o peso fundamental da operación. E grazas a todos por colaborar de xeito tan altruísta.

OPERACIÓN QUILO
Distribuir contido


by Dr. Radut