Skip to Content

CONMEMORACIÓN DO DÍA DO LIBRO 2016

O venres 22 de abril o alumnado de infantil e primaria celebrou o Día do Libro. Como este ano se conmemora o catrocentos aniversario da morte de Miguel de Cervantes, decidimos organizar diversas actividades para lembrar a súa vida e a súa obra.

Nos corredores do colexio apareceron as imaxes dos principais personaxes de "El Quijote". Tamén se traballou nas aulas mediante a realización dun xogo de pistas.

Ao longo da mañá os alumnos e alumnas de primeiro a sexto baixaron á Casa da Cultura para participar no Maratón de Lectura, lendo diferentes adaptacións do "Quijote", o alumnado de 1º da ESO participou no Maratón coa lectura do autor Manuel María.

 

Durante a "Hora de ler" realizamos a actividade dos "PADRIÑOS E MADRIÑAS LECTORES". Os alumnos e alumnas dos cursos superiores len un conto aos seus afillados e afilladas. Unha mañá distinta, na que todos os currunchos do patio se transforman nun emocionante lugar de lectura. Premendo na seguinte imaxe podedes ver un resumo desta actividade.

 

DÍA DA CIENCIA-5 DE MAIO

O próximo xoves 5 de maio celebraremos no colexio unha xornada dedicada a amosar o que se leva facendo na ESO todo este curso relacionado coas ciencias. Os departamentos de Bioloxía e Xeoloxía, Física e química, Matemáticas e Tecnoloxía exporán unha serie de experiencias do máis variado. Serán os propios alumnos e alumnas os encargados de facelo. Ao longo da xornada todo o alumnado irá pasando polos diferentes estands para entender algo mellor cada investigación.

Recomendamos que esteades atentos porque haberá unha serie de preguntas de diferente dificultade coas que, se as respondedes ben, podedes gañar un vale de 30 euros para gastar nun importante comercio da zona.

Non o fagas só polo diñeiro. Recomendámosche que prestes atención porque os que cho van contar son os teus compañeiros, e o que che van contar é a labor que eles fixeron co seu esforzo e interese.

Esperamos que a xornada sexa un bonito broche de ouro a todo un ano de traballo.

 

DÍA DA CIENCIA-5 DE MAIO

AVALIACIÓN INDIVIDUALIZADA DE TERCEIRO DE PRIMARIA E AVALIACIÓN FINAL DE EDUCACIÓN PRIMARIA

 

Proximamente realizaranse as probas de avaliación individualizada no curso de 3º de Educación Primaria (24 e 25 de maio), e as probas de avaliación final de Educación Primaria en 6º (11,12 e 13 de maio) segundo o establecido na Resolución do 18 de abril da Consellería de Educación.

A finalidade destas probas é:

Achegar información individualizada de cada alumno ou alumna avaliado sobre o seu progreso no grao de adquisición das competencias obxecto de avaliación e contribuír á detección de dificultades na aprendizaxe. 

Achegar información e orientar os centros educativos para que, en función dos resultados obtidos polo seus alumnos e alumnas, cada centro adopte as medidas necesarias que redunden na mellora do proceso educativo. 

Achegar información ás familias e á Administración educativa sobre o progreso da aprendizaxe do alumnado que contribúa a orientar a toma de decisións e o establecemento de medidas encamiñadas á mellora educativa.

 

TODA A INFORMACIÓN EN:

http://www.edu.xunta.es/portal/node/18816

 

PREMIO EN ROBÓTICA

Xa o anticipabamos onte...hoxe un grupo de alumnos e alumnas do colexio, optaban ao premio de robótica convocado pola fundación Barrié. E finalmente acadaron o 2º PREMIO, un LEGO WeDo, un software con boas aplicacións en educación.

Noraboa a todos eles así como aos profesores responsables.

Agradecer a Igaciencia a boa organización do evento.

Os nosos parabéns, porque vemos que o traballo en robótica segue a dar moi bos froitos.

PREMIO EN ROBÓTICA

O Diario de Ferrol faise eco do Proxecto LOVA

Na edición dixital do Diario de Ferrol de hoxe aparece unha nova recollendo o traballo que están a desenvolver alumnado e profesorado de 6º de Educació Infantil e 5º de Educación Primaria dentro do proxecto LOVA.

Facendo clic na seguinte imaxe podedes acceder a dita nova:

O CPI SAN SADURNIÑO FINALISTA DO VIII CONCURSO DE ROBÓTICA FUNDACIÓN BARRIÉ

O equipo de 1ºESO formado por  Alejandro Castrillón Rañal, José Luis Fachal Aldrey, Diego Fernández Rañal, Daniel Fernández Soto e Daniel Rodríguez Duró competirá o martes 26 de abril cun equipo do CPI Atios de Valdoviño e outro do IES Politécnico de Vigo na final do VIII concurso de robótica patrocinado pola Fundación Barrié, organizado por Igaciencia.

Tras unha fase inicial celebrada en Vigo do 12 ao 15 de abril e na Coruña do 18 ao 22, o noso equipo foi seleccionado para competir por un dos tres primeros postos na categoría de 5º e 6º de primaria e 1º ESO.
Os nosos parabéns e sorte para mañá ;-)
O CPI SAN SADURNIÑO FINALISTA DO VIII CONCURSO DE ROBÓTICA FUNDACIÓN BARRIÉ

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS PARA O CURSO 2016-17

Contra esta resolución poderase presentar reclamación ante o Consello Escolar no prazo de 5 días hábiles contados a partires do día seguintes ao da súa publicación.

LISTADO PROVISIONAL DE ADMITIDOS CURSO 4º EDUCACIÓN INFANTIL

 

 

APELIDOS E NOME

 

PUNTUACIÓN TOTAL

1

Balado Rouco, Daniel

19

2

Bonome López, Neila

17

3

Castro Ardao, idún

17

4

Pérez Díaz, Nuria

16

5

Fernández Blanco, Matías

15

6

Solano García, Andrea

14

7

Castrillón Rañal, Paula

14

8

Vigara Fernández, Nadia

9

9

Márquez Soto, Nerea

9

10

Lourido López, Alaia

8

11

Martínez Lagoa, Adrián

8

12

Calvo Mariño, Fernando

8

13

Bethencourt Campos, Breogán

8

14

García Anidos, Miguel

7

15

López Castrillón, Elisa

6

16

Rañal Domínguez, Candela

6

17

Rey Castro, Emma

6

18

Romero Naveiras, Lara

6

19

Santalla Mosquera, Carla

6

20

Serantes Díaz, Elías

6

21

Blanco Mera, Iker

6

22

Chao Pena, Jorge

6

23

Ferreiro Núñez, Olivia

6

24

Fraguela Carballo, Marcos

6

25

Núñez López, Daniela

3

 

LISTADO PROVISIONAL NON ADMITIDOS 4º EDUCACIÓN INFANTIL

 

 

 

APELIDOS E NOME

 

PUNTUACIÓN TOTAL

1

Orjales Luaces, Héctor

3

 

 

LISTADOS PROVISIONAIS ADMITIDOS DOUTROS CURSOS

 

 

 

APELIDOS E NOME

 

CURSO

1

Lora González, Noa

1º Primaria

2

Grandal Picos, Aitana

1º Primaria

3

Fandiño Couce Ainhoa

6º Primaria

4

Amor Fonticoba, Lucía

1º ESO

5

Rodríguez Pérez, Nerea

1º ESO

6

Sanjurjo Pérez, Paula

1º ESO

7

Sueiras Calvo, Julián

1º ESO

8

Sánchez lópez, Victor

4º ESO

 

 

 

 

 

III Parada Familiar de Xogos Tradicionais

IMPORTANTE!

SUSPENSIÓN DA ACTIVIDADE

Esta actividade, a cal tiñamos previsto desenvolver o sábado 21 de maio na finca de A Cortiña, vai ser suspendida debido á alta probabilidade de chuvia que anuncian diferentes modelos de previsión meteorolóxicos.

Contamos retomala para o mes de Outubro.

As actualizacións sobre a actividade irémolas publicando no blog específico, ao cal podedes acceder facendo clic na seguinte imaxe:

III Carreira Popular de San Sadurniño

III Carreira Popular de San Sadurniño

 

 

 


DATA.

DOMINGO 29 DE MAIO DE 2016

 

 

 Clasificacións     Fotos e vídeos 

 

 Listados de participantes 

 

  FOTOS DE QUEDADAS    EQUIPOS    CARTEL PARA DESCARGAR 

Ligazóns ás fotos de quedadas, datos dos equipos e ao cartel para descargar 

 

 

HORARIOS, DISTANCIAS, CATEGORIAS e IDADES

 

Hora

Distancia

Categorias

Ano de nac. ou Idade

Circuito

Prezo

11.10

1000m

Escolares A Masc. e Fem.

Nados 2004/2005/2006

Circuito 4

Gratis

11.30

5 km

+

400m

Neutralizados

Escolares B Masc. e Fem.

Nados 2002 e 2003

Circuito 5

Gratis

Escolares C Masc. e Fem.

Nados 1999/2000/2001

Sub 23 Masc. e Fem.

Nados 1994 ata 1998

3 euros

Seniors Masc. e Fem.

Nados 1993 ata 39 anos

Veteráns A Masc. e Fem.

De 40 a 49 anos

Veteráns B Masc. e Fem.

De 50 a 59 anos

Veteráns C Masc. e Fem.

Máis de 60 anos

12.40

400m

Benxamín Masc. e Fem.

Nados 2007 e 2008

Circuito 3

Gratis

12.50

220m

Pitufos Masc. e Fem.

Nados 2009 e 2010

Circuito 2

Gratis

13.00

70m

Biberóns Masc e Fem.

Nados 2011 e 2012

Circuito 1

Gratis

13.20

Entrega de Trofeos

 

 

 

Lugar e forma de inscrición:

 

  • Incripcións individuais:

Ata o Mércores 25 de maio

- Por Internet: Páxina web de Emesports.  Absoluta ou Escolares 

- Presencialmente no C.P.I de San Sadurniño (só comunidade educativa do C.P.I de San Sadurniño).

 

  • Incripcións Equipos:

Ata o Domingo 22 de maio

- Presencialmente no CPI San Sadurniño

- Por internet enviando correo a c.equipossansa@gmail.com

 

 

Haberá que indicar:

Nome do equipo, nome e apelidos de cada participante e sexo de cada participante; e indicando Equipo de San Sadurniño ou equipo de Outro Concello.

 

NORMATIVA

Adxunto ficheiro PDF coa normatíva da III carreira popular de San Sadurniño

 

 

INFORMACIÓN PROCESO ADMISIÓN: ACTUALIZADO 4 DE ABRIL

Finalizado o proceso de solicitude de admisión informamos que:

As solicitudes para 6º de primaria, 1º  e 4º da ESO están admitidas.

No caso de primeiro de primaria as dúas solicitudes están admitidas, xa que se abrirá unha unidade máis en 1º de primaria no vindeiro curso.

No caso de 4º de infantil temos 26 solicitudes para 25 prazas dispoñibles polo que debemos realizar unha baremación para determinar que solicitudes son finalmente admitidas.

Os solicitantes teñen de prazo do 1 ó 14 de abril para aportar a documentación xustificativa da súa situación de cara a realizar o proceso de baremación (no caso de non habela aportado no momento da solicitude). 

Para calqueira dúbida ou aclaración poden dirixirse á secretaria do centro ou ben por teléfono no 981 490032. 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut