Skip to Content

URXENTE: AXUDA HUMANITARIA

De todos é ben coñecido o gran problema que temos agora mesmo en Europa pola avalancha de persoas que están a chegar desde África ou Oriente próximo, principalmente. Son persoas que se viron forzadas a abandonar o seu fogar e buscar una oportunidade para vivir lonxe da súa terra.

Esta situación xa é, en sí, dramática, pero o duro inverno que está a castigar esta parte do continente, está agravando o problema.

Chéganos a chamada de auxilio case desesperada da ONG families4peace (http://www.crtvg.es/crtvg/canles-tematicas/de-actualidade/laura-lizancos-ong-familias4peace) da que Laura Lizancos é a súa representante na Coruña, solicitando comida e roupa de inverno para simplemente…sobrevivir.

Queren mandar a finais de mes 2 camións de caixas a Tesalónica e alí distribuilos na cidade e tamén en Lesbos e Chios.

Pasamos a chamada e solicitamos a vosa colaboración para facer a nosa particular caixa de productos ao longo desta semana. Como moito recollerase material ata o día 25 de Xaneiro.

En canto a alimentos fan falta: conservas de peixe, arroz, cuscús, azúcar, café, té, membrillo.

E de roupa: abrigos, chaquetas, pantalóns, roupa interior, botas…en resumo todo aquilo que poida ser impermeable ou paliar dalgún xeito o intenso frío que están a padecer.

Se tedes algo disto e queredes contribuír co voso particular pequeno grao de area ou solidaridade…ainda que non non guste non podemos mirar para outro lado.

O PROXECTO LÓVA DO CPI SAN SADURNIÑO FINALISTA NA VII EDICIÓN DO “CONCURSO DE BBPP EDUCATIVAS”

 

A Asociación “Mejora tu Escuela Pública” convocou a VII edición do seu concurso de Boas Prácticas Educativas, no que podían participar as experiencias educativas levadas a cabo durante o curso 2015-16 en centros públicos do Estado Español.

 

A Asociación “MEP” é unha asociación promovida por profesores, directivos, pais e nais da escola pública, de carácter civil, recoñecida de Utilidade Pública , que busca contribuír á mellora do ensino público.

 

O CPI San Sadurniño presentou ao concurso o Proxecto Lóva desenvolvido durante o curso 2015-2016 nos cursos de sexto de infantil e quinto de primaria, consistente na formación dunha compañía de ópera para crear e producir unha ópera orixinal.

 

Presentáronse 240 centros de toda España e aínda que non fomos un dos centros premiados, o traballo “Unha ópera na escola. Proxecto Lóva. CPI San Sadurniño” aparece na acta como un dos oito traballos finalistas dentro da modalidade A - Centros de Infantil, Primaria e Educación Especial.

 

Na acta do xurado do 12 de xaneiro de 2017 faise referencia á grande calidade dos traballos presentados nesta convocatoria e que o proxecto do noso centro , igual que os outros finalistas, “é merecedor de recoñecemento público e así contribuír á difusión e posible réplica destas prácticas noutros centros, para a contribución e mellora da calidade da escola pública”.

http://www.mejoratuescuelapublica.es/buenas-practicas/otras-buenas-practicas/secundaria/item/1875-acta-fallo-del-jurado-vii-convocatoria-del-concurso-de-bbpp-educativas.html

INGLÉS NA ESO: BLOG INTERCAMBIO

Podedes ver o blog que temos en inglés relacionado co intercambio postal que estamos a manter cun colegio de Washington. Preme aquí para visualizalo.

INGLÉS NA ESO: BLOG INTERCAMBIO

Guía de suxestións de lectura: Roald Dahl. O home que cría na maxía

Este ano queremos homenaxear a Roald Dahl cunha pequena guía de suxestións de lectura. Premede aquí se queredes vela.

Agardamos que vos guste.

BO NADAL

Con estas dúas fermosas tarxetas feitas por alumnado de 1º de primaria e de Educación Infantil queremos desexarvos un bo Nadal a todos¡¡

CONCURSO TARXETAS DE NADAL

A continuación tedes a relación de gañadores do concurso de tarxetas de Nadal deste curso. 

BO NADAL¡¡¡

CONCURSO DE TARXETAS DE NADAL 2016

Relación de gañadores.

EDUCACIÓN INFANTIL

Curso 4º A

Curso 5º A

Curso 6º A

Curso 6º B

Premio en grupo a cada curso.

 

EDUCACIÓN PRIMARIA

Curso 1º A

Curso 1º B

Curso 2º A

Premio en grupo a cada curso.

 

Curso 3º A:  Borja Gómez Mariño / Iria Bouzas Carmona

Curso 3º B:  Noa López Lago / Iria Martínez

Curso 4º A: Laura Pernas Lagoa / Aréa MartÏnez Fernández

Curso 5º A: Antía López Otero / Mateo Couce Moreno

Curso 6º A: Lucía Chao Picos / Inés Arroyo Orro

EDUCACION SECUNDARIA

Curso 1º B : Nerea Rodríguez Pérez / Catalina Rodriguez Rico

Curso 2º A: Alberto Perille Grifón

Curso 2º B: Paula Rebollar Fernández 

Tarxeta para felicitar as festas de Nadal á comunidade educativa

- Feita polos alumnos de 1º Ed. Primaria e Educación Infantil

XA TEMOS GANADOR DA CESTA DE NADAL

Hoxe pola mañá celebramos o sorteo da cesta de Nadal dos rapaces e rapazas de 4ºESO,valorada en 314 euros, para recadar fondos co gallo da súa excursión fin de curso.

E o gañador foi...JOSÉ MANUEL GUNDÍN. Podedes ver o vídeo do momento no arquivo que se xunta.

Noraboa e grazas a todos os que participastes.

XA TEMOS GANADOR DA CESTA DE NADAL

A beleza do Universo: guía de suxestións de lectura

Presentámosvos A beleza do Universo, unha guía de lecturas, películas e enlaces sobre a ciencia para secundaria que agardamos vos guste e sexa do voso interese. Premede aquí se queredes acceder a ela.

RECOLLIDA SOLIDARIA DE ALIMENTOS NADAL 2016

 

San Sadurniño, 2 de decembro de 2016.

Operación Quilo de Nadal 2016

Queridas Familias:

Un ano mais queremos planificar a Operación Quilo de Nadal, unha campaña de recollida de alimentos para colaborar coa Cociña Económica de Ferrol e con Cáritas parroquial.

 

 

Por isto alumnado, profesorado e familias poderán contribuir de maneira voluntaria entre os días 5 ao 16 de decembro. Para non xuntarnos cos mesmos produtos repartimos por cursos o que poden traer, sería do seguinte xeito:

 

 

  • Infantil: Pasta, legumes.

  • 1º e 2º Primaria: Cacao, café, azúcar.

  • 3º e 4º Primaria: Galletas, cereais.

  • 5º e 6º Primaria: Conservas (peixe, vexetal, froitas), leite.

  • 1º e 2º ESO: Aceite, leite.

  • 3º ESO: Produtos de hixiene e limpeza, azúcar.

  • 4º ESO: Conservas, leite.

 

Esperamos a vosa colaboración e que participedes xunto cos vosos fillos/as para contribuír a facelos máis solidarios e xenerosos fronte os mais desfavorecidos.

 

Grazas pola vosa colaboración.

 

CANDIDATURAS Ó CONSELLO ESCOLAR

Os candidatos ó consello escolar polos distintos sectores son:

PAIS E NAIS: Alfredo Dopico Pazos

PROFESORADO: Juan José Guillín Fraga, Ana Isabel Vilela Castro

Recórdovos que as eleccións serán o vindeiro martes 29. 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut