Skip to Content

XA TEMOS GANADOR DA CESTA DE NADAL

Hoxe pola mañá celebramos o sorteo da cesta de Nadal dos rapaces e rapazas de 4ºESO,valorada en 314 euros, para recadar fondos co gallo da súa excursión fin de curso.

E o gañador foi...JOSÉ MANUEL GUNDÍN. Podedes ver o vídeo do momento no arquivo que se xunta.

Noraboa e grazas a todos os que participastes.

XA TEMOS GANADOR DA CESTA DE NADAL

A beleza do Universo: guía de suxestións de lectura

Presentámosvos A beleza do Universo, unha guía de lecturas, películas e enlaces sobre a ciencia para secundaria que agardamos vos guste e sexa do voso interese. Premede aquí se queredes acceder a ela.

RECOLLIDA SOLIDARIA DE ALIMENTOS NADAL 2016

 

San Sadurniño, 2 de decembro de 2016.

Operación Quilo de Nadal 2016

Queridas Familias:

Un ano mais queremos planificar a Operación Quilo de Nadal, unha campaña de recollida de alimentos para colaborar coa Cociña Económica de Ferrol e con Cáritas parroquial.

 

 

Por isto alumnado, profesorado e familias poderán contribuir de maneira voluntaria entre os días 5 ao 16 de decembro. Para non xuntarnos cos mesmos produtos repartimos por cursos o que poden traer, sería do seguinte xeito:

 

 

  • Infantil: Pasta, legumes.

  • 1º e 2º Primaria: Cacao, café, azúcar.

  • 3º e 4º Primaria: Galletas, cereais.

  • 5º e 6º Primaria: Conservas (peixe, vexetal, froitas), leite.

  • 1º e 2º ESO: Aceite, leite.

  • 3º ESO: Produtos de hixiene e limpeza, azúcar.

  • 4º ESO: Conservas, leite.

 

Esperamos a vosa colaboración e que participedes xunto cos vosos fillos/as para contribuír a facelos máis solidarios e xenerosos fronte os mais desfavorecidos.

 

Grazas pola vosa colaboración.

 

CANDIDATURAS Ó CONSELLO ESCOLAR

Os candidatos ó consello escolar polos distintos sectores son:

PAIS E NAIS: Alfredo Dopico Pazos

PROFESORADO: Juan José Guillín Fraga, Ana Isabel Vilela Castro

Recórdovos que as eleccións serán o vindeiro martes 29. 

 

Día do Peón 2016

O pasado venres 11 de novembro, seguindo a convocatoria de Brinquedia Rede Galega do Xogo Tradicional (entidade da que este centro é socia) celebramos o Día do Peón coa asistencia de alumnado de Educación Infantil, Educación Primaria e 1º e 2º cursos da ESO.

Como resumo desta actividade elaboramos un vídeo, o cal podedes ver facendo clic na seguinte imaxe:

VISITA Á UNIVERSIDADE DA CORUÑA

O pasado martes 8 de novembro os rapaces e rapazas de 3ºESO do colexio tiveron o privilexio de asistir a unha clase práctica na facultade de química da Universidade da Coruña impartida pola catedrática de Química Inorgánica Mª Teresa Rodríguez Blas.

Foron 3 horas que pasaron voando e nas que "Maite" fixo gala das súas innegables calidades didácticas para captar a atención de todos durante toda a mañá. Descubrimos as interesantes e divertidas propiedades do xeo seco e do nitróxeno líquido, vimos levitar un corpo debido ás súas propiedades supercondutoras, houbo "miragre" ao converter auga en viño e cognac..ja ja, xogamos un anaco coa táboa periódica, descubrimos un cuarto estado da materia (plasma) e ata fixemos unha explosión controlada de sodio en auga.

O dito, unha mañá intensa pero moi divertida e interesante. Grazas a "Maite", que derrocha entusiasmo sempre neste tipo de reunións, o cal sempre é un alicerce máis para conseguir achegar a ciencia ao alumnado.

Celebramos así o noso particular mes da ciencia.

Grazas a todos polo magnífico comportamento e interese na actividade.

VISITA Á UNIVERSIDADE DA CORUÑA

A nosa sorpresa lectora de medo

O pasado xoves 27 de setembro un grupo de alumnas e alumnos de 1º de ESO xuntouse na biblioteca para ler un conto de medo moi especial: "Noites de lúa chea" do libro Contos por palabras de Agustín Fernández Paz. Moitas grazas pola súa participación e ata as próximas lecturas.

 

CONVOCATORIAS ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR E CALENDARIO DE ELECCIÓNS

No taboleiro de anuncios do centro e en arquivos adxuntos tedes publicados os censos electorais e as convocatorias de eleccións. 

O prazo de presentación de candidaturas remata o vindeiro VENRES 11 DE NOVEMBRO ÁS 14:00 HORAS. 

 

VI CONCURSO CIENTÍFICO

Outro ano máis convocamos desde o centro un concurso relacionado coa ciencia. Novembro é o mes dedicado á ciencia e para conmemoralo volvemos a pedirvos que saquedes os vosos móbiles ou cámaras de fotos e fagades uso da vosa imaxinación para buscar ao voso arredor elementos, situacións, fenómenos...que estean relacionados coa ciencia e os plasmedes en fotografías.

Podedes participar todos os alumnos e alumnas de ESO.

Damos de prazo ata o 16 de xaneiro e se gañades teredes as saídas extraescolares gratuítas a partir de febreiro.

No documento que se xunta tedes as bases máis polo miudo.

Imaxe de biblioip

MERENDAS TERRORÍFICAS

Neste Samaín moito medo pasei...

Pero sabedes que para non ter medo ás bruxas, aos vampiros, aos monstros, aos fantasmas, ás momias, aos demos e ás demais criaturas terroríficas, hai que comer moito e alimentos sans.

Por iso nesta semana as nosas merendas nos serviron para coller moita forza e a ter un pouquichiiño de menos medo.

Premendo na imaxe podedes ver as nosas merendas terroríficas.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut