Skip to Content

CALENDARIO ESCOLAR 16-17

Enlace ó calendario escolar. Pulsar AQUÍ.

Adscrición do profesorado de Educación Infantil e Primaria

No arquivo adxunto atópase información sobre:

  • Titores/as.
  • Mestres/as especialistas.
  • Membros do Equipo de Orientación.

Educación Infantil e Primaria: reunión de principio de curso coas familias: xoves 15 ás 17:00 h

A tradicional reunión coas familias de comezo de curso terá lugar o vindeiro xoves 15 ás 17:00 h.

A reunión será coa DIRECCIÓN, ORIENTACIÓN E TITORES.

Están convocadas todas as familias con alumnado que curse as etapas de Educación Infantil e Educación Primaria agás 4º de Educación Infantil, curso que a celebrará o xoves 8 ás 11:00 h.

 

Horarios da convocatoria extraordinaria de setembro

Fondo Solidario de Libros de Texto: Educación Primaria: ADXUDICACIÓN DEFINITIVA

O alumnado de 3º e 5º de Educación Primaria recibirá todos os libros en setembro, excepto os cadernillos.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO ESO: Listaxe DEFINITIVO

Pódese consultar o documento facendo clic en "1 adxunto".

Libros de texto de Música de Primaria

1º de Primaria: mercar só o libro.

2º de Primaria: non mercar nada.

3º de Primaria: mercar só o caderniño.

4º de Primaria: mercar só o caderniño.

5º de Primaria: no mercar nada.

6º de Primaria: non mercar nada.

IMPORTANTE: NOVOS NÚMEROS DE TELÉFONO E FAX NO COLEXIO

O novo número de teléfono do colexio é o 881930489

e o de fax o 881930496

DESPEDIDA DE CURSO

O pasado luns 27 celebramos a despedida de curso coa entrega de notas ao alumnado e o acto de graduación para os que nos deixan, os de 4ºESO. Foi un acto moi emotivo no que tanto profesorado como pais e alumnos/as experimentamos esa curiosa sensación na que se mestura a alegría coa pena...

Mención especial para algúns deles: Ana Cal, Paula Beatriz Rafael, Irene Beceiro e Diana Campos por ser os 4 mellores expedientes académicos da promoción. E para Vanessa Caaveiro, gañadora do premio ao esforzo e superación.

En xeral, parabéns para todos por chegar ata aqui e só nos queda desexarvos sorte no futuro.

DESPEDIDA DE CURSO

PREMIO PARA OS GAÑADORES DA CAMPAÑA DE RECICLAXE NA ESO

O martes 21 de xuño os alumnos e alumnas de 1ºB e 2ºB de ESO puideron gozar dunha xornada festiva por mor do seu premio da campaña de reciclaxe.

Consistiu nun ruta moi fermosa de sendeirismo que empezou no alto de marraxón, desde onde se ten unha panorámica impresionante da zona de Ferrolterra e Coruña, despois baixamos ata a fervenza do Belelle e volvemos a subir pola outra vertente ao mirador de Viladonelle.

O bus trasladounos finalmente ao área recreativa da Cobeluda onde puidemos probar ás "xélidas" augas da piscina natural e xantar un churrasco e polbo á feira.

Os nosos parabéns para todos eles, que son os que verdadeiramente manteñen esta campaña en pé.

Distribuir contido


by Dr. Radut