Skip to Content

PREMIO PARA OS GAÑADORES DA CAMPAÑA DE RECICLAXE NA ESO

O martes 21 de xuño os alumnos e alumnas de 1ºB e 2ºB de ESO puideron gozar dunha xornada festiva por mor do seu premio da campaña de reciclaxe.

Consistiu nun ruta moi fermosa de sendeirismo que empezou no alto de marraxón, desde onde se ten unha panorámica impresionante da zona de Ferrolterra e Coruña, despois baixamos ata a fervenza do Belelle e volvemos a subir pola outra vertente ao mirador de Viladonelle.

O bus trasladounos finalmente ao área recreativa da Cobeluda onde puidemos probar ás "xélidas" augas da piscina natural e xantar un churrasco e polbo á feira.

Os nosos parabéns para todos eles, que son os que verdadeiramente manteñen esta campaña en pé.



story | by Dr. Radut