Skip to Content

CAMBIO DE XORNADA O VINDEIRO LUNS

O vindeiro luns 1 de xuño cambiamos á xornada reducida co cal NON HABERÁ CLASES pola tarde. 

 

 

PRESENTACIÓN DA CARREIRA POPULAR CONCELLO DE SAN SADURNIÑO

Na seguinte  ligazón tedes toda a información da presentación da II Carreira Popular Concello de San Sadurniño

 http://www.sansadurnino.es/SanSadurnino/novidades/datosNovidadeHistorico.jsp?tipoBusc=&concelleriaBusc=&idAxenda=&idAviso=&idNovidade=1156

 

REPRESENTACIÓN DA COMPAÑÍA "PEGADAS MUSICAIS"

A compañía "Pegadas Musicais" formada polos alumnos e alumnas de sexto de primaria representan na Casa da Cultura a ópera-musical creada por eles ao longo deste curso., e que leva por título "Excursión á Illa Corazón"

O venres 29 realizarán dúas funcións pola mañá para os seus compañeiros de infantil e primaria. Ás oito da tarde terán outro pase para os familiares e público en xeral.

O sábado 30 representarán a súa ópera ás sete da tarde, tamén con entrada libre.

Premendo no enlace teredes acceso ao programa de man da representación.

http://issuu.com/bibliosansa/docs/programa_de_man_5a3aa913a5942a?e=43372...

BROCHETAS DE FROITA

Nesta semana temos, de novo, reparto de froita de balde no tempo de lecer.

Para facer a froita máis apetecible, o alumnado e profesorado de secundaria elaborou unhas sabrosas brochetas de froitas. Mañá tócalle o turno a primaria e o mércores a educación infantil.

A iniciativa foi todo un éxito. Eiquí vos deixo unhas fotos.

 

 

 

Imaxe de depmat

NOITE DE OBSERVACIÓN ASTRONÓMICA

A noite do 22 de maio organizamos unha observación astronómica á que estaban invitados todos os alumnos do centro. A convocatoria resultou un éxito especialmente entre os máis pequenos.

Paulino Gasalla, membro da Sociedade Galega de Historia Natural e divulgador de temas de Astronomía, sumerxiunos nunha viaxe polo espacio.

 

Paulino Gasalla e unha viaxe espacial

Ás 22:30 saímos ao patio do centro a esperar que o crepúsculo fora tornandose noite e nos permitira disfrutar dunha perfecta noite estrelada. Puidemos observar primeiro a simple vista e despois co telescopio do centro Venus, A Lúa, Xúpiter e Saturno. Tamén aprendimos a recoñecer moitas estrelas: Capella, Cástor e Póllux, Regulus, Spica, Arturus e Vega. Desfrutamos das constelacións zodiacais Xéminis e Virgo, da constelación do León e doutras máis comúns como a Osa Maior e Casiopea.

Ler máis.

Marzo marceador

En marzo algúns dos alumnos e alumnas de 3º de ESO seleccionaron un poema, un refrán ou un texto que acompañase algunhas das súas fotografías meteorolóxicas. Este é o resultado final: "Marzo, marceador".

 

Primeira visita no Sansa Enreda

O pasado martes catro veciñ@s de Naraío (Gelis, Celsa, Pura e Lisardo) estrearon as visitas dentro do Proxecto Sansa Enreda.

Viñeron a aprendernos a construír un carro de nabo, asubíos e trenzar xuncos. Podedes atopar máis información na web do proxecto:

Aí vai unha imaxe cos asistentes á actividade (ben, falta o profe Iván, pero é que estaba detrás da cámara).

E esta visita tivo eco tamén na web do Concello:

Germán en San Sadurniño

 

O músico Germán Díaz visitounos o pasado xoves como xa sabedes. Aquí podedes atopar as fotos da súa visita.

ENTRENAMOS PARA A CARREIRA

Os domingos, arredor das 12:00, no paseo do rio na zoa do mesón A Granxa quedamos para entrenar para a carreira.

Contamos para elo co asesoramento profesional do "coach" de recoñocido prestixio LG Miraz que deseña entrenamentos a medida de cada participante. Pilar Charlón colabora como "coach assistant".

 Animádevos a participar¡¡¡

VISITAMOS A CASA DO CONCELLO

Estamos a rematar as sesións que o alumnado de ESO tiveron ao longo deste curso relacionadas coa participación socio-comunitaria. O Concello de San Sadurniño, a través de Ignacio Fernández, o seu técnico de desenvolvemento local, achegou aos nosos alumnos e alumnas a política, a participación cidadá, as eleccións, e todo ese mundo que moitos descoñecen, que se agocha detrás dos nosos representantes.

Como colofón, esta semana tiveron sesión in-situ na remodelado Concello, sito no pazo da Marquesa. Unha sesión na que fixeron un percorrido polas instalacións do mesmo, comprobando a singularidade e beleza do lugar, viron a sala onde se celebran os plenos, e fixeron algunha que outra pregunta...en definitiva desmitificaron un pouco a imaxe alonxada dos políticos e comprobaron que o Concello é un lugar onde non só se teñen que render obrigas senón que tamén se poden reclamar dereitos.

Deixámosvos algunhas instantáneas do mañá, co alumnado de 3ºESO

VISITAMOS A CASA DO CONCELLO
Distribuir contido


by Dr. Radut