Skip to Content

Folliña bibliotecaria do Día do Libro

Aínda que sexa un pouquiño tarde, non queriamos deixar pasar o Día do Libro sen unha das nosas folliñas, neste caso chamámoslle bibliotecaria porque recolle diversas citas relacionadas coa lectura que nos gustaron. Se queredes coñecer o resto das nosas actividades para esta data premede aquí.

Folliña PDF

II PARADA FAMILIAR DE XOGOS TRADICIONAIS

Despois do satisfeitos que quedamos o ano pasado coa primeira edición da "Parada Familiar de Xogos Tradicionais", estamos ultimando os preparativos para a edición deste ano, así que ide apuntando!:

Sábado 6 de xuño, no Campo de Fútbol e Local Social da AVV Castelo de Naraío,

de 16:30 a 19:00 h.

Podedes atopar máis información no blog da actividade e seguir a través do mesmo as actualizacións que se vaian producindo: http://paradaxxttsansa.blogspot.com 

CAMISETAS COA MASCOTA DO CENTRO

As camisetas son en cor laranxa coa mascota do colexio. 

As tallas son as seguintes:

5-6

7-8

9-10

11-12

S

M

XL

CONCURSO DE CONTOS E POESÍAS LETRAS GALEGAS 2015

Aproveitando que se achegan as Letras Galegas, abrimos o concurso de contos e poesías que todos os anos convocamos con tal motivo. Anímate e a ver que che sae de dentro...tes ata o 14 de maio para entregarllo ao teu titor/a.

Podes consultar no documento que se xunta as bases do concurso. ¡¡SORTE¡¡

 CONCURSO DE CONTOS E POESÍAS LETRAS GALEGAS 2015

XXV CONCURSO DE DEBUXO E PINTURA JESÚS BONIGNO

Chegan as letras galegas e con elas todo un clásico no noso centro. Un premio moi especial porque leva o nome dun compañeiro moi querido neste colexio durante moitos anos.

Seguro que desta volta teremos de novo uns debuxos espectaculares feitos polos nosos alumnos e alumnas. Tedes ata o 14 de maio para entregarllos aos vosos/as titores/as. Animádevos.

No documento que se xunta podedes consultar as bases completas do concurso

 XXV CONCURSO DE DEBUXO E PINTURA.pdf

O PROXECTO UNA CEBRA EN EL AGUA DESENVOLVESE POR 3º ANO CONSECUTIVO NO CPI DE SAN SADURNIÑO

A volta das vacacións de semana santa trouxo uns novos compañeiros ó laboratorio de bioloxía. O peixe cebra é protagonista por terceiro ano consecutivo no noso centro dun proxecto educativo que achega a biotecnoloxía á aula a través dun proxecto eminentemente práctico que se desenvolve en 4º da ESO.

O alumnado de infantil tamén participa no proxecto e o pasado venres, o grupo de 5º de infantil coñeceu a os peixes e de certo que estes non quedaron con fame¡¡

Deixovos tamén un enlace ó podcast do programa efervesciencia da radio galega que o pasado domingo entrevistou a Lois Rodríguez, profesor de bioloxía. A intervención a partires do minuto 36. 

http://www.crtvg.es/rg/podcast/efervesciencia-efervesciencia-do-dia-12-04-2015-1079958

Neste enlace podedes atopar toda a información do proxecto

http://www.unacebraenelagua.es/

ABRIL DE FROITA NO CPI DE SAN SADURNIÑO

Na vindeira semana, do 20 ó 24 de abril, temos reparto de froita de balde no tempo de lecer. 

 

LUNS            FRESAS DE TEMPADA

MARTES        MAZÁ DE LLEIDA

MÉRCORES    PLÁTANO DE CANARIAS

XOVES          PERAS DO BIERZO

VENRES        LARANXA DE VALENCIA

 

A actuación corresponde ó plan de alimentación saúdable do centro ALIMENTATE BEN, e conta coa subvención do FOGGA da consellería de medio rural da xunta de Galicia.

CIRCULAR 9

CIRCULAR Nº 9: Semana da froita, escola de familias, camisetas

SEMANA DA FROITA

A vindeira semana do 20 ó 24 de abril teremos, unha vez máis, reparto de froita , de balde, nos recreos. En breve poñeremos na web do centro a planificación do tipo de froita que se reparte cada día.

A actuación corresponde ó plan de alimentación saúdable do centro ALIMENTATE BEN, e conta coa subvención do FOGGA da consellería de medio rural da xunta de Galicia.

ESCOLA DE FAMILIAS

Os próximos meses de abril (días 21 e 28) e maio (5,12 e 19), realizaránse unhas xornadas específicas para pais/nais/titores legais de alumnos/as de San Sadurniño, nas que se tratarán temas que poden ser útiles e interesantes na educación dos seus fillos/as. No enlace que se xunta atoparás información máis detallada. Bótalle unha ollada e se, como pai/nai/titor/a estás interesado/a, apúntate antes do LUNS 20 de abril por calquera das vías que se che indica.

http://www.edu.xunta.gal/centros/cpisansadurnino/node/663

CAMISETAS COA MASCOTA DO CENTRO


Despois do intento fallido do ano pasado retomamos o tema das camisetas coa mascota do centro. A cor da camiseta e laranxa co logotipo en verde.

O prezo é de 6 euros que se entregarán cando se recolla a camiseta

Os que esteades interesados entregadelle ó titor ou titora antes do vindeiro 30 de abril o documento que vai eiquí abaixo.

San Sadurniño, 17 de abril de 2015

A dirección.

..................................................................................................................................................................................................

ENTREGAR Ó TITOR OU TITORA ANTES DO 30 DE ABRIL

APELIDOS E NOME :

CURSO:

TALLA DE CAMISETA:

 

Circular9 semana froita,escolafamiliasecamisetas.pdf

 

 

Visitas literarias a San Sadurniño

 

 

Visita de Andrea Maceiras e Helena Villar Janeiro

En marzo visitáronos as escritoras Andrea Maceiras e Helena Villar Janeiro. Estas son algunhas das fotografías da súa visita.

Día Mundial do Teatro

Hoxe é o Día Mundial do Teatro e nós decidimos elaborar un pequeno caderniño para esta data que podedes atopar aquí.

Distribuir contido


by Dr. Radut