Skip to Content

Día Mundial do Teatro

Hoxe é o Día Mundial do Teatro e nós decidimos elaborar un pequeno caderniño para esta data que podedes atopar aquí.

VISITA CIENTÍFICA Á CORUÑA

Hoxe xoves 26 de marzo los rapaces de 2º e 3º de ESO tiveron a oportunidade de visitar as instalacións do Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT) e de asistir á proxección da película en tres dimensións "ENERXÍA 3D". Pasamos unha mañá moi amena onde o percorrido polo museo fíxose moi levadeiro cos desafíos propostos polas monitoras que nos atenderon moi amablemente. O momento estela, por suposto, foi a cabina do JUMBO "Lope de Vega" de Iberia, moi espectacular. A película no centro comercial Marineda City gustou moito tamén.

Para rematar comemos no mesmo centro comercial e de volta ao colexio.

Hai que felicitar a todos porque o comportamento foi modélico. Así da gusto organizar actividades.

Aquí podedes ver algún dos momentos más salientables da xormada

atendendo

 

avances

 

gañadores

 

sentados

VISITA CIENTÍFICA Á CORUÑA

CONCURSO FOTOGRAFICO ECLIPSE SOLAR

No seguinte enlace tedes toda a información:

http://meteosansa.blogspot.com.es/2015/03/eclipse-solar-o-20-de-marzo.html

 

 

Centenario da publicación de Vento Mareiro e Día Mundial da Poesía

O vindeiro 21 de marzo celebrarase o Día Mundial da Poesía. Nós queremos lembrar esta data cun caderniño no que se recollen versos de Vento mareiro de Ramón Cabanillas de cuxa publicación veñen de cumprirse cen anos o pasado día 1.

CONVOCATORIA DAS XORNADAS DE ESCOLA DE FAMILIAS

Os próximos meses de abril (días 21 e 28) e maio (5,12 e 19), está previsto que se organicen unas xornadas específicas para pais/nais/titores legais de alumnos/as de San Sadurniño, nas que se tratarán temas que poden ser útiles e interesantes na educación dos seus fillos/as.

No documento que se xunta atoparás información máis detallada. Bótalle unha ollada e se, como pai/nai/titor/a estás interesado/a, apúntate antes do 15 de abril por calquera das vías que se che indica.

¡Anímate!

Lago de los Cisnes/ Picasso

Visita ao Palacio da Ópera de A Coruña para ver a representación de "El Lago de los cisnes" de Tchaikovsky a cargo da Orquesta sinfónica de Galicia e o Xove ballet de Galicia. Tamén visitamos a exposición "O primeiro Picasso" no museo de belas artes onde vimos obras realizadas polo xoven artista nos anos que pasou na cidade.

Caderniño do Día Internacional da Muller: María Wonenburger

Co gallo do Día Internacional da Muller elaboramos un caderniño sobre a matemática coruñesa María Wonenburger que esperamos vos sexa de interese e utilidade. Preme aquí para lelo.

 

 

8 DE MARZO DIA DA MULLER TRABALLADORA

SEMANA DA FROITA

 

Esta semana temos reparto de froita de balde no tempo de lecer. 

 

LUNS            FRESAS DE TEMPADA

MARTES        LARANXA DE VALENCIA

MÉRCORES    MAZÁ DE LLEIDA

XOVES          PERAS DO BIERZO

VENRES         PLÁTANO DE CANARIAS

 

A actuación corresponde ó plan de alimentación saúdable do centro ALIMENTATE BEN, e conta coa subvención do FOGGA da consellería de medio rural da xunta de Galicia.

Agradecemento de Cáritas

Como xa sabedes, o pasado Nadal levamos a cabo unha campaña de recollida de alimentos e produtos de hixiene que ao final repartimos metade e metade entre a cociña económica de Ferrol e Cáritas interparroquial de San Sadurniño. Chéganos agora o agradecemento expreso desta última organización que vén a reforzar unha vez máis a intensa labor que neste senso se está a desenvolver no colexio, coas profesoras de relixión Manoli e Mar, como claras "culpables".

Parabéns para todos; non será máis que un graniño de area pero non sobran accións solidarias deste tipo.

Distribuir contido


by Dr. Radut