Skip to Content

Acto de fin de curso 4º ESO e entrega de premios e diplomas 2014

Dalle á foto para ver as imaxes....

Entrega de premios e diplomas

Ses

Fotos animadas...

LIBROS DE TEXTO

No arquivo adxunto podedes ver o listado de libros de texto para o vindeiro curso. A pesares da entrada en vigor da LOMCE en 1º, 3º e 5º de primaria NON CAMBIAN OS LIBROS respecto ós de este curso. 

Lembrámosvos que a AMPA está a recoller os libros usados para crear un BANCO DE LIBROS e poder deste xeito reaproveitalos.

Imaxe de depmat

3º PREMIO METEOESCOLAS PARA O NOSO CENTRO

O noso centro ven de gañar o 3º premio do concurso de Meteoescolas. O noso proxecto "Meteosansa" foi seleccionado de entre os 36 centros galegos que participaron este curso neste apartado do plan Proxecta.

O director do plan Proxecta, o director de Meteogalicia e a responsable do programa Meteoescolas visitaron o noso centro este venres 20 para entregarnos o premio e o diploma.

 irector Meteogalicia e Plan Proxecta

Esperamos as vosas visitas ao noso blog, pinchando no icono Meteosansa á dereita desta mesma páxina. Aínda que este verán non teremos novos traballos esperamos comezar en setembro con novos proxectos.

A nosa estación automática non descansa e ofrece información todo o ano!!

RASTRO SOLIDARIO 2014

De novo volvemos a poñer en marcha un ano máis (e van 5) o rastro solidario. Esta iniciativa tan loable volveu a ser todo un éxito. Durante parte da mañá, os alumnos do colexio pasaron polo ximnasio de secundaria e cos seus doativos puideron adquirir DVDs, CDs, libros, xoguetes...degustaron ricas sobremesas, participaron en concursos, etc. Todo co único fin de recadar fondos para os máis necesitados.

Grazas a todos por participar e sobre todo a Mª del Mar Gutiérrez e Manoli Filgueira, as profesoras de Relixión católica do colexio, que son as que realmente fan que isto siga sendo un éxito, ano tras ano.

 

RASTRO SOLIDARIO 2014

A ANPA PICAPEIXE, DE CEDEIRA, PREMIA Ó CPI SAN SADURNIÑO

A ANPA Picapeixe do CEIP Nicolás del Rio de Cedeira decideu concederlle ó CPI de San Sadurniño un dos seus Galardóns Picapeixe 2014 na modalidade de programas socioeducativos pola súa gran labor de promoción e dinamización do centro.


O citado galardón obra do artista cedeirés , Daniel Pérez García , consistente nun grabado co emblema da ANPA Picapeixe. 

O premio foi entregado o pasado sábado  no transcurso da VIII Gala da Educación de Cedeira. Recolleu o premio a profesora do centro Marta Díaz Tie.

O INCENDIO NA PRENSA

Desta volta non nos fixo moita ilusión saír na prensa local porque o motivo foi de índole bastante diferente á que ultimamente adoitaba ser. Non foi un premio, a representación dun musical, unha feira de ciencias...foi un incendio na cociña do noso colexio que estivo a piques de darnos un bo disgusto. Porén, ao final, non houbo que lamentar danos persoais, só materiais.

A prensa local fíxose eco rapidamente do acontecido. Á hora e media de producirse o accidente, "La Voz de Galicia" na súa edición dixital de Ferrol relabata así o acontecido

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/2014/06/12/evacuados-alumnos-colegio-san-sadurnino-incendio-cocina/0003_2014061402573203353389.htm

 

Tamén o puidemos ler en:

Galicia Ártabra 

http://www.galiciaartabradigital.com/archivos/84421

Ferrol 360

http://www.ferrol360.es/evacuan-sin-incidentes-a-los-alumnos-del-colegio-de-san-sadurnino-por-un-incendio/

La Opinión A Coruña

http://www.laopinioncoruna.es/galicia/2014/06/12/evacuado-colegio-incendiarse-cacerola/850657.html

 

 

O INCENDIO NA PRENSA

SUSTO NA COCIÑA DO COLEXIO

Menudo susto nos levamos onte no colexio. Prendeu lume nunha pota con aceite na cociña do colexio e tivemos que activar o protocolo contraincendios. Parece que o simulacro que fixemos hai uns meses serviu de algo porque en 3 minutos estaba o colexio desaloxado e todos esperando na explanada exterior. En 22 minutos os bombeiros  estaban xa mans á obra intentando sofocar o foco do incendio. Foi algo dificil pero ao final todo saiu ben e non houbo que lamentar nin un só ferido.

Así o resumía hoxe unha reportaxe da televisión de Galicia no seu programa "Noticias Galicia Mediodia"

MODIFICACIÓN INSTRUCCIÓNS COMEDOR ESCOLAR

O venres 13 de xuño enviámos por os seus fillos o modelo Anexo II de autodeclaración do comedor escolar e a instrución 1/2014 remitida pola Secretaría Xeral Técnica da Xunta. A última hora recibimos un correo de modificación da dita instrucción por parte da consellería de educación.

 

 

INSTRUCCIÓNS PARA CUBRIR O DOCUMENTO DE AUTODECLARACIÓN

SEGUNDO A MODIFICACIÓN

 

A INSTRUCCIÓN E A MESMA SÓ SE MODIFICAN AS CASIÑAS DA RENDA POLO QUE REMITIMOS MODELOS DE AUTODECLARACIÓN NOVOS O LUNS

 

As novas casiñas son as seguintes:

 

Casiña 361 + casiña 363 – casiña 365 + casiña 368 + casiña 371 – casiña 511 = X

Imaxes da I Carreira Popular de San Sadurniño

INCENDIO NA COCIÑA DO CPI DE SAN SADURNIÑO

NOVA NA TVG

No día de hoxe, arredor das 12:35 horas, declarouse un incendio na cociña do CPI de San Sadurniño. Tras intentar sofocalo con medios propios, é ó non ser esto posible, chamouse ó 112 e procedeuse á evacuación do centro. A evacuación realizouse con rapidez e sen incidencias, gracias á boa labor do equipo directivo, profesorado, persoal non docente e alumnado do centro. 

 

Unha vez realizada a evacuación, e debido ó calor reinante no día de hoxe, decideuse o traslado do alumnado á zoa do rio, onde se improvisou un xantar campestre a base de bocadillos, auga e postre. 

Cabe destacar que os poucos minutos de realizar a chamada ó 112, os servicios de emerxencias, bombeiros e garda civil, se persoaron no centro. Os bombeiros actuaron con rapidez e eficacia para sofocar o incendio no que non houbo danos persoais e os danos materiais están pendentes de valorar. 

 

Apenas unha hora despois de declarado o incendio, persoouse no centro o xefe territorial de educación, Indalecio Cabana, acompañado do equipo técnico da xefatura territorial de educación, para realizar a valoración de danos "in situ" e proceder a tomar as medidas oportunas para reestablecer o servicio o antes posible, polo que lles estamos moi agradecidos. 

Agradecer tamén a excelente labor realizada polo equipo directivo, profesorado, persoal non docente, nais colaboradoras, persoal de limpeza, veciños, familias, alcalde e concelleiras de San Sadurniño. 

Temos que destacar tamén que no día de mañá, tanto as clases como o servicio de comedor, discurrirán con normalidade. De cara á vindeira semana, a actividade lectiva será tamén normal e o servicio de comedor tamén se prestará. Na tarde de hoxe, reunidos a dirección e a encargada de comedor, deseñaron un menú semanal que se poida elaborar utilizando a parte da cociña que está operativa.

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut