Skip to Content

COMEDOR ESCOLAR: ENTREGA IMPRESOS DE AUTODECLARACIÓN E APERTURA PRAZO COLABORADOR@S PARA O VINDEIRO CURSO

Seguindo instruccións da Consellería de Educación, os adultos que exerzan a patria potestade, a tutela ou o acollemento familiar dos alumnos autodeclararán as circunstancias de carácter persoal e de renda neta per cápita familiar correspondente ao exercicio fiscal 2014, anterior ao ano actual, e, conseguintemente, determinarán a contía do prezo público que lles corresponde abonar, de acordo cos tramos que aparecen no documento.

O documento de autodeclaración deberán entregalo cuberto en todos os seus apartados e debidamente asinado na secretaría do centro:

SECUNDARIA : NO MOMENTO DE FORMALIZAR A MATRÍCULA.

INFANTIL E PRIMARIA: DO 6 Ó 10 DE XULLO

O documento será enviado ás familias a vindeira semana.

ANUNCIÁMOSLLES tamén a apertura do prazo para COLABORADORES de comedor para o vindeiro curso. (VER ARQUIVO ADXUNTO)

Estamos animados...

Unha sinxela animación 2D clásica feita polo alumnado de 1º da ESO empregando o programa Tupi

 

EXPOSICIÓN MODELOS ATÓMICOS

Dentro das actividades voluntarias do terceiro parcial na materia de Física e Química de 3ºESO, estaba a creación dun modelo atómico que axudase a entender omo estaba disposto o interior do átomo, esas pezas básicas na construcción do Universo.

A mirade por onde apareceron uns cantos traballos que merecen unha pequena exposición dentro do centro e unha reseña nesta web, porque partiron da voluntariedade e implicaron bastantes horas de elaboración.

Parabéns para todos eles. Nos arquivos que se xuntan podedes velos máis de cerca.

EXPOSICIÓN MODELOS ATÓMICOS

PROXECTO LOVA EN SECUNDARIA

O pasado martes os rapaces e rapazas de 3ºESO estrearon diante de centos de alumnos de outros centros educativos as obras que crearon dentro do proxecto LOVA. O pazo da cultura de Narón foi o escenario elixido para tal evento.

Hoxe repetiron pase para os seus compañeiros de ESO do colexio na casa da Cultura de San Sadurniño e o resultado foi o mesmo: éxito total.

3ºB presentou unha obra sobre o importante que é a tolerancia e o respecto aos demais como ingrediente para convivir. Foi un traballo de diálogos máis enxebres e cómicos, onde os protagonistas fixéronnos rir un anaco bo...

3ºA baseou a súa obra no poder da amizade, sobre todo esa amizade que nace na infancia e que sobrevive aos envites da vida e aparece de novo, forte e recoñecible, nalgún momento das nosas existencias. Foi un traballo moi sólido en todos os aspectos, tanto organizativos como artísticos, cunhas interpretacións tan convincentes que nos somerxeron totalmente na historia e ata nos permitiron asombrarnos con algunha actuación musical.

A toda esta xeración única: GRAZAS.

O domingo repetirán pase para o publico en xeral na mesma casa da Cultura de San Sadurniño, e seguro que co mesmo éxito.

O mellor premio para eles,  aparte do aplauso e os piropos que están a recibir, seguro que  é comprobar que nunha historia que naceu hai meses e na que houbo momentos duros, saíron a flote e demostraron que funcionan como grupo e que todos, en maior ou menor medida, creceron como persoas, que ao fin e ao cabo é o obxectivo número 1 deste proxecto. Esbozaron unha idea vaga do que querían, foron dándolle forma pouco a pouco, probaron o sabor agre do desalento, da desesperación, do caos...albergaron algunha esperanza segundo ían saíndo os temas musicais e os diálogos, sentiron a ilusión de ver que o asunto empezaba a cobrar vida, de avanzar todos nunha dirección e finalmente gozaron do éxito de ver como esa criatura á que eles deron vida conectaba coa xente, dándolle un sentido a tanto esforzo.

Desde o colexio queremos agradecer tamén a dedicación de Clara, a profesora de música, alma mater deste proxecto, que recibiu tamén a inestimable colaboración de Manolo, profesor de plástica, Daniel, de música, Pilar de LCL e Charo de LGL. Todos eles foron quen que conducir e reconducir a este excepcional grupo de alumnos do colexio. E tamén a Juanjo, o noso conserxe, sempre disposto,  e do que sempre abusamos para todo...

 

En definitiva GRAZAS DE PARTE DE TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA DO CPI DE SAN SADURNIÑO POR FACERNOS PASAR UN RATO TAN DIVERTIDO E EMOCIONANTE.

PROXECTO LOVA EN SECUNDARIA

Carreira Popular II 31/05/2015 San Sadurniño

Aquí están as fotos da carreira do domingo. Felicidades aos participantes.

PROXECTOS NA CLASE DE TECNOLOXÍA 2015

Co obxectivo de achegar a tecnoloxía ao alumnado, mirade o que fixeron relacionado con estruturas resistentes

 

na seguinte foto tedes un pequeno resumo

e no seguinte enlace a youtube, un vídeo que o demostra

https://www.youtube.com/watch?v=udyNYaCYvco&feature=youtu.be

O segundo reto foi deseñar e construir un coche eléctrico con reductora de velocidade, con dúas luces e construíndo un inversor de xiro do motor nun mando.

En detalle sería o seguinte

 

Así lle quedaou aos de 2ºA

 

E así aos de 2ºB

 

 

Seguindo con proxecto levados a cabo na clase de tecnoloxía aquí tedes un vídeo realizado polas alumnas de 4ºESO Nerea Calvo e Lucía Rodríguez, sobre o proxecto de de coche eléctrico realizado polo alumnado de 2ºESO

https://www.youtube.com/watch?v=iqP7uPBL2OU&feature=youtu.be

 

e xa para rematar un panel explicativo sobre un terceiro proxecto tecnolóxico sobre o xogo conecta pregunta-resposta

 

 

E xa por último unha ollada ao video que fixeron expoñendo o seu proxecto técnico

Aquí o de 2ºA

https://www.youtube.com/watch?v=88VBvut36l4&feature=youtu.be

E aquí o de 2ºB

https://www.youtube.com/watch?v=cCEWEW9s0WM&feature=youtu.be

os nosos parabéns a todos os partipantes na actividade

 

CAMBIO DE XORNADA O VINDEIRO LUNS

O vindeiro luns 1 de xuño cambiamos á xornada reducida co cal NON HABERÁ CLASES pola tarde. 

 

 

PRESENTACIÓN DA CARREIRA POPULAR CONCELLO DE SAN SADURNIÑO

Na seguinte  ligazón tedes toda a información da presentación da II Carreira Popular Concello de San Sadurniño

 http://www.sansadurnino.es/SanSadurnino/novidades/datosNovidadeHistorico.jsp?tipoBusc=&concelleriaBusc=&idAxenda=&idAviso=&idNovidade=1156

 

REPRESENTACIÓN DA COMPAÑÍA "PEGADAS MUSICAIS"

A compañía "Pegadas Musicais" formada polos alumnos e alumnas de sexto de primaria representan na Casa da Cultura a ópera-musical creada por eles ao longo deste curso., e que leva por título "Excursión á Illa Corazón"

O venres 29 realizarán dúas funcións pola mañá para os seus compañeiros de infantil e primaria. Ás oito da tarde terán outro pase para os familiares e público en xeral.

O sábado 30 representarán a súa ópera ás sete da tarde, tamén con entrada libre.

Premendo no enlace teredes acceso ao programa de man da representación.

http://issuu.com/bibliosansa/docs/programa_de_man_5a3aa913a5942a?e=43372...

BROCHETAS DE FROITA

Nesta semana temos, de novo, reparto de froita de balde no tempo de lecer.

Para facer a froita máis apetecible, o alumnado e profesorado de secundaria elaborou unhas sabrosas brochetas de froitas. Mañá tócalle o turno a primaria e o mércores a educación infantil.

A iniciativa foi todo un éxito. Eiquí vos deixo unhas fotos.

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut