Skip to Content

VISITAMOS A CASA DO CONCELLO

Estamos a rematar as sesións que o alumnado de ESO tiveron ao longo deste curso relacionadas coa participación socio-comunitaria. O Concello de San Sadurniño, a través de Ignacio Fernández, o seu técnico de desenvolvemento local, achegou aos nosos alumnos e alumnas a política, a participación cidadá, as eleccións, e todo ese mundo que moitos descoñecen, que se agocha detrás dos nosos representantes.

Como colofón, esta semana tiveron sesión in-situ na remodelado Concello, sito no pazo da Marquesa. Unha sesión na que fixeron un percorrido polas instalacións do mesmo, comprobando a singularidade e beleza do lugar, viron a sala onde se celebran os plenos, e fixeron algunha que outra pregunta...en definitiva desmitificaron un pouco a imaxe alonxada dos políticos e comprobaron que o Concello é un lugar onde non só se teñen que render obrigas senón que tamén se poden reclamar dereitos.

Deixámosvos algunhas instantáneas do mañá, co alumnado de 3ºESO

VISITAMOS A CASA DO CONCELLO
AdxuntoTamaño
explicación de Nacho.jpg248.79 KB
o interior.jpg348.84 KB
patio interior.jpg251.22 KB
xardíns do pazo.jpg437.08 KB


image | by Dr. Radut