Skip to Content

SORTEO CESTA NADAL

O próximo martes 15 de decembro celebraremos no centro o sorteo correspondente á cesta de nadal para que os rapaces e rapazas de 3º e 4º ESO recaden fondos para a súa excursión fin de curso. Este ano, en vista de que a venta de boletos está sendo espectacular, aumentamos a calidade do lote. Na imaxe podedes ver o baúl en cuestión, valorado en 295 euros e cheo de produtos de primeira calidade: paleta, chourizo e salchicón ibérico, cava, viño, whisky escocés, vermouth e xenebra, turrón, paté, polvoróns, aceite de oliva, navallas, olivas...así ata 31 variedades.

¡¡¡Sorte!!! algún de vós será o gañador o próximo martes.

 

SORTEO CESTA NADAL


image | by Dr. Radut