Skip to Content

RECOÑECEMENTO PÚBLICO PARA O NOSO PROGRAMA DE METEOESCOLAS

Como non podía ser doutra maneira, a extraordinaria labor que se está a levar a cabo no colexio no ámbito da meteoroloxía ven de ser recoñecida pola administración. No arquivo que se xunta pódese ver a felicitación polo traballo de calidade durante o curso 2014-2015. Ainda que desta volta non se concederon premios está claro que o programa Meteoescolas do CPI de San Sadurniño está movéndose a uns niveis máis que aceptables. Os nosos parabéns para a coordinadora do programa, os docentes que colaboramos nela cando podemos...e para todos aqueles alumnos e alumnas que están a participar activamente na campaña. 

RECOÑECEMENTO PÚBLICO PARA O NOSO PROGRAMA DE METEOESCOLAS
AdxuntoTamaño
DIPLOMA METEOESCOLAS.jpg2.18 MB


image | by Dr. Radut