Skip to Content

visita á Universidade da Coruña e á fundación Barrié de la Maza

O martes 24 de Novembro o alumnado de 3ºESO do colexio tivo a oportunidade de asistir a unha sesión de experimentos científicos na Facultade de CC Químicas da Universidade da Coruña que fixeron as súas delicias. Durante unha hora e media a profesora María Teresa Rodríguez Blas, catedrática de Química Inorgánica da UDC, amosoulles as incribles propiedades do nitróxeno líquido, viron levitar unha peza metálica sobre un imán, cristalizar unha goma, reducir a anaquiños unha flor, ou inflar e desinflar un globo...todo amenizado cos comentarios didácticos e amenos da profesora que conseguiron levantar a curiosidade dos rapaces por este tipo de fenómenos naturais. O colofón á interesante mañá púxoa a conferencia sobre Ángeles Alvariño na Fundación Barrié de la Maza, na cal descubrimos o importante papel que xogou esta muller ferrolá na oceanografía e zooloxía do S. XX a nivel mundial. O comportamento dos rapaces foi exemplar e todos saímos coa grata sensación de gozar dun día distinto grazas á ciencia.

 

visita á Universidade da Coruña e á fundación Barrié de la Maza
AdxuntoTamaño
as flores e o nitróxeno líquido.JPG763.7 KB
a levitación magnética.JPG830.63 KB
todos atentos.JPG816.02 KB


image | by Dr. Radut