Curso 19-20

BOAS ACCIÓNS: Esterilización

A nosa gatiña Micaela que levaba un ano polo colexio, abandonada e que nós alimentabamos e desparasitabamos, foi por fin collida e esterilizada. A operación foi realizada polos maravillosos veterinarios de Padrón, Kelly e Chus, que están a iniciar o seu percorrido laboral nesta localidade ( abriron a clínica en agosto..no mesmo local da antiga clínica veterinaria, no Espolón). Non só a esterilizaron usando unha técnica moi pouco invasiva que permite que o animaliño recupere rapidamente, senón que extraíron un balín dunha das patas traseiras de Micaela..algún desalmado que se divirte disparando aos gatos..en fin,  moito traballo de sensibilización e concienciación por facer!!.

O importante é que a gata está ben e.....aínda temos máis boas novas: FOI ADOPTADA!!!. Unha familia de Negreira deulle un fogar e vivirá feliz en compañía de outro gatiño e varios cans.

Boa sorte Micaela!!!

 

ESTERILIZACIÓN

 

Por fin conseguimos coller á gatiña que  o curso pasado instalouse de xeito permanente no patio do noso colexio. A idea é esterilizala e poder volver soltala para que continue a facernos compañía ( e a cazar ratos) no centro e, deste xeito, evitar camadas non desexadas e o aumento das poboacións de gatos da rúa dos que, normalmente, ninguén se ocupa e que acaban por enfermar, pasar fame e penurias.

Con esta acción pretendemos sensibilizar ao resto da comunidade na necesidade de esterilizar aos animais de compañía.

6º LOITA CONTRA O CAMBIO CLIMÁTICO

O alumnado de 6º de Primaria realizou no día de hoxe no que se celebra o Día Mundial contra o Cambio Climático uns cartaces e a súa propia movilización durante o recreo uníndose ao movemento mundial polo cambio-emerxencia climática.
 
Están tamén a traballar en Ciencias Sociais  os contidos relacionados coa intervención e impacto do humano no medio ambiente, e relacionando isto coas noticias desta semana, decidiron unirse aos VENRES POLO FUTURO.
NORABOA POLA INICIATIVA!!!
 

Powered by Drupal - Design by artinet