BOAS ACCIÓNS: Esterilización

A nosa gatiña Micaela que levaba un ano polo colexio, abandonada e que nós alimentabamos e desparasitabamos, foi por fin collida e esterilizada. A operación foi realizada polos maravillosos veterinarios de Padrón, Kelly e Chus, que están a iniciar o seu percorrido laboral nesta localidade ( abriron a clínica en agosto..no mesmo local da antiga clínica veterinaria, no Espolón). Non só a esterilizaron usando unha técnica moi pouco invasiva que permite que o animaliño recupere rapidamente, senón que extraíron un balín dunha das patas traseiras de Micaela..algún desalmado que se divirte disparando aos gatos..en fin,  moito traballo de sensibilización e concienciación por facer!!.

O importante é que a gata está ben e.....aínda temos máis boas novas: FOI ADOPTADA!!!. Unha familia de Negreira deulle un fogar e vivirá feliz en compañía de outro gatiño e varios cans.

Boa sorte Micaela!!!

 

Powered by Drupal - Design by artinet