Actividades

ACTIVIDADES DEPORTIVAS DO CONCELLO

No Cartel poden ver ainiciativa do servizo de deportes do concello para esta Semana Santa:

OBRADOIRO DE REGUEIFA

O concello oferta un obradoiro de regueifa para a cidadanía do municipio:

 

ACTIVIDADES PARA A CONMEMORACIÓN DO 8M ORGANIZADAS POLO CONCELLO

O concello de Dodro organiza actividades para os días 8 e 10 de marzo para conmemorar o 8M:

ENTROIDO CHOQUERIO EN DODRO

O concello organiza un Entroido Choqueiro. A información no cartel:

 

 

ENTROIDO CULTURAL EN DODRO

O concello de Dodro organiza actividades durante o Entroido:

OBRADOIROS DO NADAL

Actividade organizada pola concellaría de Igualdade, Xuventude e Relacións Veciñais; TALLERES DO NADAL que vai ter lugar na Casa de Cultura de luns a venres, do 26 decembro ao 5 de xaneiro (ambos inclusive), en horario de 9.30h a 13.30h.
Actividade destinada a nenas/os con idade comprendida entre os 3 e os 12 anos (cumpridos á data de inicio da actividade)
Inscricións: no rexistro xeral do Concello, ata o día 22 de decembro (inclusive). 
Prazas limitadas.
 

ACTIVIDADES DO CONCELLO

O concello de Dodro organiza actividades culturais e festivas para as videiras datas:

 

 

ENTREGA DO XXXV PREMIO DE POESÍA EUSEBIO LORENZO BALEIRÓN

Información sobre o acto de entrega do XXXV Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón convocado polo Concello de Dodro que terá lugar o vindeiro 10 de decembro:

ACTIVIDADES DO CONCELLO POLO 25 N

O concello de Dodro oragniza actividades en relación á "Semana contra a violencia de xénero":

 

 

XORNADA DIVULATIVA ORGANIZADA POLO CONCELLO

O concello de dOdro organiza unha xornada divulgativa e ruta guíada sobre Etnomedicina e sabedoría tradicional a cargo de Maria Moure de Oteyza, autora do traballo "María das Herbas e Herbareixeiras do Caurel", licenciada en farmacia e experta en plantas medicinais, que terá lugar o domingo 4 de decembro, ás 11.00 horas na Casa da Cultura de Dodro.

Esta actuación, coa que o Concello de Dodro colabora, enmárcase no proxecto multidisciplinar A OLLADA DE GUSTAV, apoiado pola liña de axudas "Territorio cultura" da Xunta de Galicia aplicando Fondos Next Generation da UE.

Proxecto inspirado na figura de Gustav Henningsen, folklorista e antropólogo danés que, entre os anos 1965 e 1968, visitou Galicia para estudar as prácticas utilizadas polo campesiñado galego para conxurar e combater conflitos e andazos que aqueixan a vida das persoas, do seu gando e das colleitas. Remedios que as xentes do rural galego usaban e que contrastaban cos aplicados pola medicina e a veterinaria oficiais (científica e urbanas). Gustav Heningsen procuraba coñecer a dimensión máxica de "expertos" e curandeiras. O seu traballo nos anos sesenta é unha das máis reveladoras intervencións feitas sobre o noso acervo cultural.

Powered by Drupal - Design by artinet