Skip to Content

CONCERTO DE INAUGURACIÓN DO CURSO 23/24

O próximo venres 6 de outubro a partir das 18:00 hs. no Paseo da Corredoira (zona palco da música) terá lugar o concerto de inauguración do curso 2023-2024 a cargo dos alumnos e profesores do Conservatorio Elemental/Profesional e da Escola de Música Municipal de Tui. 

Que mellor xeito de comezar o curso cun concerto na rúa para compartir cos nosos veciños e visitantes todo o traballo que se realiza no noso centro!

Animamos a toda a Comunidade Educativa do centro, veciños de Tui e toda a xente que queira disfrutar de boa música a acercarse a ver este concerto tan especial cargado de sorpresas.

Obras de piano, conxunto de piano a 6 mans, saxo, conxunto de clarinetes, conxunto de gaitas e un ensemble moi especial formado por profesores e alumnos farán a delicia de todos os asistentes.

ACHÉGATE Á MÚSICA, ACHÉGATE A TUI!

ENCONTRO MUSICAL DE INSTRUMENTOS DE VENTO (CLICK PARA ACCEDER AO FORMULARIO DE INSCRICIÓN)

 

Os vindeiros luns 4, martes 5 e Mércores 6 de Setembro do 2023 nas nosas instalacións da Escola/Conservatorio de Música de Tui, situado na Avenida da Concordia s/n. terá lugar o I ENCONTRO MUSICAL DE INSTRUMENTOS DE VENTO DO CENTRO dirixidos a tod@s as nenas e nenos con idades a partir de 7 anos.

O obxectivo principal deste encontro é que os nen@s coñezan os instrumentos de vento cos que traballamos no Centro e disfruten tocando con eles!

Os instrumentos que traballaremos son:

GAITA GALEGA, OBOE, CLARINETE, SAXOFÓN, FRAUTA TRAVESEIRA, TROMPETA, TROMPA, TROMBÓN, TUBA E BOMBARDINO.

CURSILLOS GRATUITOS DE VERÁN DE MÚSICA E MOVEMENTO 2023 PARA NENAS E NENOS DE 5 E 6 ANOS (CLICK AQUÍ PARA ACCEDER AO FORMULARIO)

Tal como demostran numerosos estudos científicos, a educación musical desenrola numerosas e importantes capacidades e valores para a educación integral dos alumnos, entre eles: 

  • Concentración.
  • Memoria.
  • Creatividade.
  • Psicomotricidade.
  • Traballo en equipo.
  • Valores de cooperación.
  • Esforzo.
  • Preserveranza.
  • Superación persoal.
  • Fomento da autoestima e autoconfianza.   

Tamén cabe recordar que desenvolven as 7 competencias claves incluidas no actual currículo educativo:

1º. Comunicación lingüística (CCL).

2º. Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía (CMCT).

3º. Competencia dixital (CD).

4º. Aprender a aprender (CAA).

5º. Competencias sociais e cívicas (CSC).

6º. Sentido da iniciativa e espíritu emprendedor (CSIEE).

7º. Conciencia e expresións culturais (CCEC).

O cursillo para a iniciación á música (Música e movemento) que organiza a Escola de Música Municipal de Tui, que é totalmente gratuíto, realizarase nas seguintes datas: martes 27, mércores 28 e xoves 29 de xuño, en horario de mañá (de 10:30 a 11:30 hs.). As nenas e nenos de entre 5 e 6 anos poderán participar nunha actividade de Música e Movemento aprendendo música a través do xogo, baile e canto.

A inscrición para estas actividades poderá realizarse ata o luns 26 de xuño (inclusive):

  1. A TRAVÉS DO SEGUINTE FORMULARIO WEB (CLICK PARA ACCEDER)
  2. Imprimindo a solicitude correspondente do anexo inferior, sacándolle unha foto e enviandoa por whatsapp ao 687249957 ou por email ao: cmus.profesional.tui@edu.xunta.es
  3. De xeito telefónico chamando ao 687249957 en horario de oficina:

                                                 de luns a venres ​​de 9:00 a 13:30 hs.

Distribuir contido


by Dr. Radut