PREGUNTAS FRECUENTES
PROBA DE ACCESO A 1º DE GRAO ELEMENTAL
- ¿Qué requisitos debo reunir para poder presentarme?
Básicamente debes ter entre 8 e 14 anos cumpridos ou por cumprir no ano natural. NON é preciso ter coñecementos de Instrumento ou de Linguaxe Musical. Trátase dunha proba para valorar as aptitudes musicais das persoas aspirantes para iniciar os seus estudos nas especialidades instrumentais.
- ¿Teño que pagar por realizala Proba de Acceso?
Non, a inscripción para as Probas de Acceso no Conservatorio de Tui é GRATUITA.
- ¿Cándo me podo inscribir para as Probas?
Podes ver éstas e outras datas de interese no calendario das probas de acceso para o próximo curso.
- ¿Qué teño que facer para Inscribirme?
Simplemente cubrir o formulario de Inscripción, ben a través da nosa páxina Web ou presencialmente na oficina do Centro. Aquí poderás realizar a Inscripción para as Probas de Acceso a 1º de grao Elemental para o próximo curso a través da Web, é moi sinxelo. Tamén podes chamar ao teléfono 687249957 ou achegarte ao centro en persoa para realizar a inscrición.
- ¿En qué consiste a Proba de Acceso?
O procedemento de acceso ao 1º curso de grao elemental atenderá exclusivamente á avaliación das aptitudes musicais das persoas aspirantes e á idade idónea para iniciar os seus estudos nas especialidades instrumentais.
A proba para avaliar as aptitudes musicais incluirá, polo menos, os seguintes aspectos:
a) Exercicio para avaliar a aptitude rítmica.
b) Exercicio para avaliar a aptitude auditiva e vocal.
c) Exercicio para avaliar a aptitude psicomotriz.
A realización destes exercicios efectuarase de xeito que ningún deles teña carácter eliminatorio. A valoración realizarase considerando tanto cada un dos aspectos sinalados no punto anterior como o conxunto da proba globalmente.
A cualificación global final será de 1 a 10 puntos, ata un máximo de un decimal, sendo necesario, en calquera caso, obter como mínimo a cualificación de 5 puntos para superar a proba.
Preme aquí para máis información sobre a proba.
- ¿Cando serán as Probas de Acceso?
Podes ver todas as datas de interese no calendario das probas de acceso para o seguinte curso.
- ¿Qué preciso o día das Probas?
Os aspirantes deberán presentarse 15 minutos antes da realización da proba co seu D.N.I ou calquer outro documento que acredite a súa identidade. Non precisan nada máis.
- ¿Qué pasa si aprobo a Proba de Acceso?
Se estás Admitido poderás formalizar a matrícula nos prazos establecidos no calendario das probas.
O alumnado que non obteña praza na especialidade solicitada poderá escoller una das seguintes opcións:
1. Quedar na lista de espera da especialidade solicitada (que ten vixencia ata finais de setembro) á expectativa de que haxa algunha vacante libre.
2. Elixir unha nova especialidade, de entre as vacantes que queden sen cubrir, perdendo toda posibilidade de escoller a especialidade solicitada no momento da inscrición na proba.
- ¿Qué pasa se non supero a Proba de Acceso?
De non superar a Proba de Acceso podes volver a presentarte unha segunda vez. O límite de intentos para superar a Proba de Acceso é de dous.
Neste suposto recomendámoste que fales co persoal do Centro para ter información máis precisa das túas opcións.