Skip to Content

CONCERTO SOLIDARIO DE NADAL 2023

Mañá, mércores 20 de decembro a partir das 19:00 hs. no teatro do edificio Francisco Sánchez (antiga Área Panorámica) terá lugar o CONCERTO SOLIDARIO DE NADAL 2023 DO NOSO CENTRO no que teremos moitas e variadas actuacións musicais de calidade:

  • Orquestra de cordas de Grao Profesional.
  • Banda de ventos e percusión do Grao Profesional.
  • Big Band infantil.
  • Conxunto de Clarinetes de Grao Profesional.
  • Solistas
  • Grupos de Música de Cámara.

Ademáis, teremos o orgullo de contar con un dos nosos mellores exalumnos, xa que Manuel Madarnás (antigo alumno de trompeta) presentará algúns temas do seu novo disco: La MMarca Vol. II.

Para asistir a este concerto solidario é preciso retirar entradas a cambio dun Kg/L de alimentos non perecedoiros como leite, cacao, aceite...O horario para retirar entradas e deixar os alimentos será o propio día do concerto en horario de 17:00 a 19:00 hs. na entrada principal do teatro. Recollida de alimentos e distribución realizada por SOS Tomiño Baixo Miño.

¡DISFRUTA O NADAL CON MÚSICA!

AnexoTamaño
Concierto Navidad 23.jpg734.92 KB


blog | by Dr. Radut