Skip to Content

Blogues

Preguntas frecuentes probas de acceso a Cursos Intermedios do Grao Elemental

Preguntas frecuentes probas de acceso a Cursos Intermedios do Grao Elemental

Concerto ETXE QUARTET

 Hoxe, 28 de abril ás 20:30 hs. na Sala de Audicións do centro con entrada de balde ata completar aforo, terá lugar o concerto de "ETXE QUARTET"

O cuarteto de saxofóns, Etxe Quartet, integrado por Miguel Bargiela (saxofón soprano), Gemma Mestres (saxofón alto), Noelia Fraga (saxofón tenor) e Jorge Ferreira (saxofón barítono) nace como agrupación para a materia de música de cámara do Conservatorio Superior de música de Vigo. O seu nome fai referencia ao termo vasco exte que en galego significa casa, palabra coa que os membros se encontran moi vinculados xa que todos eles senten unha grande admiración pola súa terra natal.

Os estilos musicais que abranguen van dende o primeiro cuarteto de saxofóns do século XIX ata obras de recente creación, amosando así un amplo repertorio. A interese por ampliar a súa formación non só queda no centro, senón que tamén asisten a numerosas masterclass con profesores de recoñecemento internacional. Amais, participan en xornadas musicais como o Blended Intensive Programme en Tilburg (Países Baixos) entre outros. 

PROGRAMA

-Ciudades.........................G.Lago

               I. Córdoba

-Premier Quatour.........J.B.Singelée

-Mute Materie................N.Vassena

-Sikuri I...........................J.Arroyo

-Patchwork........................P.Geiss

-Suite Hellénique............P.Iturralde

Concerto Novos Intérpretes Cmus Tui 2023

Hoxe, mércores 19 de abril de 2023 ás 20:00 hs. terá lugar na Sala de Audicións do centro, con entrada de balde ata completar aforo, o Concerto de Novos Intérpretes 2023 do centro no que actuarán dous alumnos de 6º de Grao Profesional: Pablo Ameijeiras López (Guitarra) e María Fernández Iglesias (Clarinete). O programa que interpretarán é o seguinte:

Pablo Ameijeiras:

  • Suite para laúd en Do menor BWV 997........................................................J.S.Bach

                    (Fuga IIº movemento)

  •  Compadre...............................................A. Piazzolla
  • Gran Solo op. 14.......................................F. Sor
  • Capricho Árabe.........................................F. Tárrega

María Fernández:

  • Tres pezas para clarinete sólo (1918)...........I. Stravinsky
  • Concerto en la menor Kv. 662 (1781)...........W. A. Mozart

         I. Allegro

  • Sonata en Mi b maior op. 120 nº 2 (1894).....J. Brahms

         I. Allegro amabile

Anímate a gozar coa boa música!

CALENDARIO PROBAS DE ACCESO A 1º GRAO PROFESIONAL XUÑO 2023

CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE TUI (CURSO 2023-2024)

CALENDARIO PROBAS DE ACCESO A 1º GRAO PROFESIONAL XUÑO 2023

19 de Abril

Publicación da oferta de Prazas Vacantes para o Acceso a 1º de Grao Profesional (A partires das 18:00 hs.)

  • Nos taboleiros do Centro.
  • Chamando por teléfono ao 986604404 / 687249957

Horario de oficina: Luns 09:00-13:00 hs. e de Luns a

Venres 15:00-20:00 hs.

  • Na nosa páxina web.

http://www.edu.xunta.gal/centros/cmusprofesionaltui

Do 20 de ABRIL ao

16 de MAIO

PERÍODO DE INSCRICIÓN PROBAS DE ACCESO 1º GRAO PROFESIONAL (INSCRICIÓN GRATUITA):

De xeito telemático cumprimentando o seguinte formulario web:

http://www.edu.xunta.gal/centros/cmusprofesionaltui/node/347

Na oficina do centro: Horario: Luns 09:00-13:30 hs. e de Luns a Venres 15:00-20:00 hs.

Descargando a calquera hora o impreso da páxina web, cumprimentando e escaneando o mesmo para envialo por correo electrónico a unha das seguintes direccións:

18 de Maio

Lista pública de Admitidos ás Probas (A partires das 18:00 hs)

  • Nos taboleiros do Centro.
  • Chamando por teléfono ao 986604404 / 687249957

Horario de oficina: Luns 09:00-13:00 hs. e de Luns a

Venres 15:00-20:00 hs.

  • Na nosa páxina web.

http://www.edu.xunta.gal/centros/cmusprofesionaltui

23 de Maio

Publicación dos tribunais e horarios para as probas (A partires das 18:00 hs)

31 de MAIO, 01 e 02 de XUÑO

PROBAS DE ACCESO (entre as 16:00 e 22:00 hs)

05 de XUÑO

Relación de Alumnos Admitidos e Lista de Espera. (A partir das 17:00 hs)

  • Nos taboleiros do Centro.
  • Chamando por teléfono ao 986604404 / 687249957

Horario de oficina: Luns 09:00-13:00 hs. e de Luns a

Venres 15:00-20:00 hs.

  • Na nosa páxina web.

http://www.edu.xunta.gal/centros/cmusprofesionaltui

Do 05 ao 09 de Xuño

Período de Reclamacións ás calificacións das Probas de Acceso. PRESENCIALMENTE  Luns a venres de 09:30-13:30 hs.

Do 06 ao 09 de Xuño

MATRÍCULA 1º de Grado Profesional.

Luns a venres de 09:00 a 13:30 hs.

  • Na secretaría do Centro.
  • Na nosa páxina web:

http://www.edu.xunta.gal/centros/cmusprofesionaltui/node/297

O alumno debe presentarse nas probas co seu D.N.I., folla de rexistro de inscrición para esta

proba e unha copia das pezas a interpretar para o tribunal. Máis información nos enlaces inferiores

e na páxina web do centro:

Proba Instrumental:  http://www.edu.xunta.gal/centros/cmusprofesionaltui/node/195

Proba Linguaxe Musical:  http://www.edu.xunta.gal/centros/cmusprofesionaltui/node/226 

Criterios de avalización: http://www.edu.xunta.gal/centros/cmusprofesionaltui/node/486

Preguntas Frecuenteshttp://www.edu.xunta.gal/centros/cmusprofesionaltui/node/475

Proba de Aptitude de acceso a 1º de Grao Elemental

Proba de Aptitude de acceso a 1º de Grao Elemental

Preguntas frecuentes acceso ao 1º curso de Grao Elemental

PREGUNTAS FRECUENTES

Calendario probas de acceso a 1º de Grao Elemental Xuño 2023

CONSERVATORIO ELEMENTAL DE MÚSICA DE TUI (CURSO 2023-2024)

CALENDARIO PROBAS DE ACCESO A 1º GRAO ELEMENTAL XUÑO 2023

21 de Abril

Publicación da oferta de Prazas Vacantes para o Acceso a 1º de Grao Elemental (A partires das 18:00 hs.)

  • Nos taboleiros do Centro.
  • Chamando por teléfono ao 986604404 / 687249957

Horario de oficina: Luns 09:00-13:00 hs. e de Luns a

Venres 15:00-20:00 hs.

  • Na nosa páxina web:

http://www.edu.xunta.gal/centros/cmusprofesionaltui

Do 24 de ABRIL ao

19 de MAIO

PERÍODO DE INSCRICIÓN PROBAS DE ACCESO 1º GRAO ELEMENTAL (INSCRICIÓN GRATUITA):

De xeito telemático cumprimentando o seguinte formulario web:

http://www.edu.xunta.gal/centros/cmusprofesionaltui/node/558

Na oficina do centro: Horario: Luns 09:00-13:30 hs. e de Luns a Venres 15:00-20:00 hs.

Descargando a calquera hora o impreso da páxina web, cumprimentando e escaneando o mesmo para envialo por correo electrónico á unha das seguintes direccións:

22 de Maio

Lista pública de Admitidos ás Probas (A partires das 18:00 hs)

  • Nos taboleiros do Centro.
  • Chamando por teléfono ao 986604404 / 687249957

Horario de oficina: Luns 09:00-13:00 hs. e de Luns a

Venres 15:00-20:00 hs.

  • Na nosa páxina web:

http://www.edu.xunta.gal/centros/cmusprofesionaltui

26 de Maio

Publicación dos tribunais e horarios para as probas (A partires das 18:00 hs)

  • Nos taboleiros do Centro.
  • Chamando por teléfono ao 986604404 / 687249957

Horario de oficina: Luns 09:00-13:00 hs. e de Luns a

Venres 15:00-20:00 hs.

  • Na nosa páxina web:

http://www.edu.xunta.gal/centros/cmusprofesionaltui

06 e 07 de XUÑO

PROBAS DE ACCESO (entre as 16:00 e 20:00 hs)

08 de XUÑO

Relación de Alumnos Admitidos e Lista de Espera. (A partir das 17:00 hs)

  • Nos taboleiros do Centro.
  • Chamando por teléfono ao 986604404 / 687249957

Horario de oficina: Luns 09:00-13:00 hs. e de Luns a

Venres 15:00-20:00 hs.

  • Na nosa páxina web:

http://www.edu.xunta.gal/centros/cmusprofesionaltui

Do 05 ao 09 de Xuño

Período de Reclamacións ás calificacións das Probas de Acceso. PRESENCIALMENTE  Luns a venres de 09:30-13:30 hs.

Do 09 ao 12 de Xuño

MATRÍCULA 1º de Grao Elemental.

Luns a venres de 09:00 a 13:30 hs.

  • Na secretaría do Centro.
  • Na nosa páxina web:

http://www.edu.xunta.gal/centros/cmusprofesionaltui/node/297

O alumno debe presentarse nas probas co seu D.N.I., ou documento que acredite a súa identidade, e folla de rexistro de inscrición para esta proba. Máis información nos enlaces inferiores e na páxina web do centro:

Proba Aptitude 1º GE:  http://www.edu.xunta.gal/centros/cmusprofesionaltui/node/561

Preguntas Frecuentes: http://www.edu.xunta.gal/centros/cmusprofesionaltui/node/560

Concerto do día internacional da muller CMUS/ESMU Tui

O vindeiro mércores 8 de marzo ás 18:00 hs. na Sala de Audicións do centro, con entrada de balde ata completar aforo, terá lugar o "Concerto do día internacional da muller" no que celebraremos esta data tan sinalada cun concerto didáctico e monográfico da música da compositora estadounidense Amy Beach!

Alumnos de diversos curso do Grao Elemental e Grao Profesional interpretarán obras desta compositora para piano, piano a catro mans, clarinete, trompa, violín... Esta música destaca polo seu marcado carácter romántico e a súa sorprendente harmonía.

Ademais, os alumnos de Análise de 6º de Grao Profesional comentarán as obras que se van a interpretar para unha mellor comprensión do público asistente.

Unha oportunidade inmellorable para disfrutar de boa música e descubrir o talento desta xenial compositora!

Este concerto está apoiado e enmarcado dentro da programación do concello de Tui "8M: Ocupemos o noso lugar" que se pode consultar a continuación:

CONCERTO SOLIDARIO DE NADAL DO CONSERVATORIO ELEMENTAL/PROFESIONAL E ESCOLA DE MÚSICA MUNICIPAL DE TUI

Este mércores 21 de decembro a partir das 20:00 hs. terá lugar o tradicional concerto solidario de nadal do Conservatorio Elemental, Profesional e Escola de Música de Tui deste nadal 2022.

Música de calidade e de todos os estilos interpretada por solistas, grupos de música de cámara, grupo de alumnos de música e movemento (5 e 6 anos), Coro do Grao Profesional, Big Band do Grao Profesional e Orquestra de corda do Grao Profesional e Elemental.

Ven a disfrutar da música e colabora con nós nun concerto no que cambiamos unha entrada por un kg/l de alimentos non perecedoiros, preferiblemente leite, aceite e cacao que serán entregados a asociación asistencial Sos Tomiño Baixo Miño, a cal se encargará de repartir os mesmos a toda a comunidade con máis dificultades de toda a contorna.

A recollida de entradas e entrega de alimentos realizarase o mesmo día a partir das 18:00 hs. e ata a hora do inicio do concerto (20 hs.) na entrada do teatro.

A entrega de notas para os alumnos do centro realizarase no hall do teatro a partir das 19:30 hs e ata as 20:00 hs.

VIVE O NADAL CON MÚSICA!!!

Distribuir contido