MATERIAL ESCOLAR - INICIO CLASES
Enviado por bandaseca o Mar, 06/09/2022 - 18:33As clases comezarán o vindeiro xoves día 8 de setembro no horario habitual de 9:10 h. a 13:50 h. Haberá servizo de transporte escolar.
Como xa saben a través dos medios de comunicación, se suprimen a maioría das normas covid, polo que retomamos a "normalidade" en canto a protocolos e horarios:
- Desaparece a recomendación de distancia interpersonal, tamén nos comedores.
- Os grupos de convivencia estable poden interaccionar con outros.
- A ventilación segue sendo recomendable.
- A máscara segue sendo obrigatoria no transporte escolar, polo de agora. Explica que practicamente estamos nunha situación de normalidade, a partires desta semana tentarán publicar unhas instrucións con estas novidades
En canto ás entradas recordar que o alumnado de transporte escolar entrará no recinto escolar en canto baixe do autobús, mentres que o resto de alumnado poderá acceder ao recinto 5 minutos antes da entrada.
Á saída será ás 13:50, se ben para 1º e 2º nivel nos meses de setembro e outubro será 5º minutos antes.
Desde a ANPA están traballando para poder ofrecer desde ese día o servizo de madruga e comedor. As familias que necesiten estes servizos é preciso que os avisen ben por correo (anpabandaseca@gmail.com) ou por telefono/was (634964175).
MATERIAL ESCOLAR: adxuntamos os ficheiros que pasaron as titorías co material escolar.
INICIO CURSO 22/23
Enviado por bandaseca o Xov, 01/09/2022 - 17:42O curso comezará o xoves 8 de setembro. Nos vindeiros días comunicaremos horarios e novidades deste curso no que comeza a implantación da LOMLOE nos cursos impares.
Cambio Relixión/Valores:
Si algún pai/nai desexa facer o cambio de relixión a valores ou viceversa, poden facelo antes do inicio do curso, ata o día 7. Teñen que pasar pola secretaría do centro e completar o formulario correspondente.
Coa implantación da LOMLOE (este curso en 1º, 3º e 5º) a materia de valores desparece e pasa a ser Proxecto Competencial.
LISTAXE PROVISIONAL FONDOLIBROS
Enviado por bandaseca o Xov, 07/07/2022 - 09:10Publicada a listaxe provisional do fondo solidario de libros de texto: 7/7/22.
Período de reclamación: 2 días seguintes á publicación: Venres 8 e luns 11 de xullo.
A entrega de libros será en Setembro.
Temos libros suficientes en 4º, non é necesario mercar ningún libro neste nivel agas o de inglés (é un cadernillo) polo que todo alumnado recibirá un lote de 5 libros do centro, ainda que non fixeran a solicitude.
O alumnado de 3º que resultou beneficiado coa axuda de fondolibros ten asignado un nº determinado, 4 ou 5 libros (un total de 31 alumnos/as). Repartiranse os primeiros días do curso. O alumnado que non teña axuda ou que non lle corresponden todos os libros, deben mercalos.
LIBROS DE TEXTO
Enviado por bandaseca o Ven, 01/07/2022 - 16:19Libros de texto para o vindeiro curso 22/23.
5º e 6º: Están incluídos dentro do proxecto Edixgal
3º: Renovación de libros pola adaptación ao curriculo LOMLOE. Mercar o activity book (en vermello). Podénse mercar co cheque de axuda a material.
4º:Fondo liros do centro. Mercar o activity book (en vermello).
1º e 2º: Funxibles, non mercar ata setembro.
(Arranxado un erro: o libro de naturais de 2º ponia que era en castelán cando en realidade é en galego. O isbn estaba correcto en galego, pero podìa inducir a error)
AXUDAS ESCOLARIZACIÓN CURSO 22/23. CONCELLO
Enviado por bandaseca o Lun, 20/06/2022 - 07:32ASAMBLEA ANPA - VENRES 17-XUÑO
Enviado por bandaseca o Mar, 14/06/2022 - 07:35Benqueridas familias,
MATRICULA 22/23
Enviado por bandaseca o Xov, 09/06/2022 - 15:23Durante todo o mes de xuño poden matricular ao alumnado para o vindeiro curso. O prazo remata o día 30, pero queremos recordarlles que si queren solicitar as axudas de libros e material escolar, estas finalizan o 22 de xuño, polo que recomendamos que realicen ambos trámites con anterioridade a esta última data.
Documentación para matrícula: (a instancia e autorización poden descargalas picando nelas)
Instancia de matrícula curso 2022/23.
Fotocopia DNI dos pais ou titores legais.
Fotocopia de todas follas do libro de familia; da cartilla da Seguridade Social e da cartilla de vacinacións.
Dúas fotografías tipo carné.
Certificado de empadroamento, só si van usar o transporte escolar.
AXUDAS LIBROS DE TEXTO E FONDOLIBROS
Enviado por bandaseca o Ven, 20/05/2022 - 11:03No DOG do 18 de maio saiu publicada a orde de axudas de libros de texto, material escolar e fondo libros. Teñen toda información no enlace da aplicación fondolibros
Teñen de prazo para presentar solicitudes ata o 22 de xuño.
O alumnado de 5º e 6º non accede a axudas de libros porque están todos incluídos dentro do programa Edixgal (libros electronicos) pero si poden acceder ás axudas de material escolar.
O alumnado de 3º e 4º entra na categoria de fondolibros mentres que os de 1º e 2º acceden as axudas de libros de texto (210 ou 140 €, segundo a renta per capita familiar sexa menor de 6000 € ou10000 € respectivamente)
As axudas de material son de 50 € para as rentas igual ou inferior a 6000 €.
Poden presentar as axudas no centro completando os anexos I e II ou electrónicamente a través da sede da xunta e aportando a documentación necesaria.
BECAS NECESIDADES ESPECIAIS
Enviado por bandaseca o Ven, 20/05/2022 - 10:48Saiu publicada no BOE a convocatoria de becas para alumnos con NEAE (Necesidade Especifica de Apoio Educativo) para o curso 2022-23.
Poderán acollerse a estas becas aqueles alumnos diagnosticados con TEA (incluído ASPERGER), TDHA, discapacidade, trastorno grave de conduta o de comunicación, reeducación psicopedagóxica, reeducación da linguaxe e que teñan recoñecida unha minusvalía como mínimo do 33% e que a sua vez estean acudindo a un centro de reeducación ou reforzo distinto ó do centro.
O prazo vai desde o 19 de maio ata o 30 de setembro e as solicitudes faranse a través do seguinte enlace:
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »