AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 23/24

Aberto o prazo para a solicitude de axudas para compra de libros de texto en 1º e 2º, para a participación no fondo solidario de libros e para a compra material de material escolar.

Orde 10 de maio de 2023 (DOG 19 de maio).

As familias podrán presentar a documentación entre o 20 de maio e o 21 de xuño, ben por vía electronica ou no centro educativo. Presentarán unha  solicitude independentemente do numero de fillos que teña escolarizado no centro.

SOLICITUDE ED330B

Axudas material bono de 75 € para familias con renda inferior a 6000 € de renda per capita e de 60 € para  o tramo entre 6000 € e 10000 €.

Axudas para libros de texto de 1º e 2º: Bono de 240 € para familias con renda inferior a 6000 € e de 160 € para o tramo de 6000 € a 10000 € (alumnado de Ed. Especial ou con minusvalia igual ou maior do 65% é de 300 €)

Fondo solidario, para alumnado de 3º e 4º: familias con renda inferior a 6000 € teñen dereito ata 6 libros e as do tramo 6000-10000 € a 4 libros. O alumnado de 5º e 6º está integrado no programa e-dixgal de libros electrónicos.

Os datos da renda son os referidos ao exercicio fiscal do ano 2021, recadros 435 e 460; de non presentar declaración  seran os datos facilitados pola Axencia Tributaria.

Os datos da unidade familiar son os da situación familiar a 31 de decembro de 2021.

ENQUISA DE DIAGNOSE DA CONVIVENCIA ESCOLAR 2023

A Consellería de Educación, no marco da actual Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2025 pon en marcha a Enquisa de Convivencia Escolar 2023cuxo prazo de participación será do 2 ao 22 de maio (ambos os dous incluídos). 

Esta enquisa é de carácter anónimo e nela participarán todos os centros de Galicia. Está dirixida a todas as familias, profesorado, persoal non docente e alumnado de 5º e 6º. A enquisa realizase on-line.

ENQUISA FAMILIAS:  As familias responderán unha única vez por cada centro educativo onde estuden os seus fillos/asindependentemente do número deles/as que estean matriculados/as en cada centro. Desde o centro enviamos polo alumnado unha carta coa infomación sobre a enquisa e co enlace da páxina e a clave de acceso (a de cada familia é distinta). 

Enlace para acceso as familias: https://edu.xunta.gal/convfamil

 

OBRADOIRO CONCILIACIÓN- 2 MAIO NON LECTIVO

O vindeiro martes 2 de maio é día non lectivo en todos os centros de primaria do Concello da Pobra do Caramiñal.
A Concellería de Igualdade do Concello achega un obradoiro de conciliación dirixido a crianzas da infantil e da primaria. Coma de costume, este servizo desenvolverase no noso centro de 09.00 a 14.00 h. A maiores, ofrécese a opción dos servizos de Madruga e Comedor.
As inscricións débense efectuar antes do día 28 de abril no Departamento da Igualdade, situado fronte á casa consistorial.
 

CAMIÑOS ESCOLARES SEGUROS

Desde a Concellería de mobilidade do Concello vanse poñer en marcha o programa de "camños escolares seguros" (CES) para fomentar que os nenos poidan vir e voltar a casa andando.

O percorrido completo para o noso centro sería desde a praza maior, pola alameda, rúa do Estremo, praza de Maura (catro canos), Canton da Leña, praza Irmas Ageitos, Corraliño, xardíns Casa Raquel Soler e pola estrada principal ata o centro. Este percorrido está sinalizado e conta con pasos de peóns. Adxuntamos o triptico onde se explica todo isto con máis detalle e cun plano co percorrido. Ademais dunhas charlas que lles impartirán aos nenos persoal do Concello, apoiaremos a iniciativa desde o centro  realizando este percorrido para que o alumnado o poida coñecelo sobre o terreo e as normas de conduta en caso de usalo.

SPRING WEEK - 6º

PROGRAMA DE INMERSIÓN LINGÜÍSTICA PARA ALUMNADO DE 6º

DO 4 AO 10 DE XUÑO NO CENTRO OS PEARES. CLICANDO NESTE ENLACE TEÑEN TODA INFORMACIÓN SOBRE A ESTADÍA, HORARIOS, TELEFONOS, MENUS, ROUPA PARA LEVAR,... AO FINAL TEÑEN UN DOSSIER COMPLETO PARA DESCARGAR. TAMÉN O ENGADIMOS COMO ADXUNTO

25 PRAZAS. CRITERIOS DE SELECCIÓN NOTAS GLOBAIS DE 5º E DA 1ª AVALIACIÓN E DE ACTITUDE.

PRAZO PARA ANOTARSE: ATA O MÉRCORES 22 DE MARZO. DEIXAMOS  COMO ADXUNTO A SOLICITUDE QUE A PODEN ENTREGAR BEN A TRAVÉS DO ALUMNADO NA TITORÍA/SECRETARIA DO CENTRO OU ENVIAR AO CORREO DO CENTRO.

 

ENTROIDO 2023- DESFILE

Este curso imos sairde desfile de entroido o venres 17 de febreiro. A saída será a partir das 10:30 h.

No desfile participan tamén os colexios de Cadreche, Fernández Varela, Vilariño, Monte Carmelo e a Granxa.

Percorrido: 

Saida do centro e pola estrada principal ata o Concello onde se incorporar outros centros.

Continuamos ata o semáforo e logo voltamos polo xardín e rúa Castelao, por diante do Fernández Varela e mercado para sair ao paseo do areal.

Chegamos ata o cruce do Eroski e voltamos para o centro por Venecia pasando polo centro de día e residencia da 3ª idade.

ADMISIÓN ALUMNADO

Todos alumnos e alumnas que reservaron praza para 1º nivel de educación primaria para o curso 2023-24 foron admitidos.

As listaxes están expostas no taboleiro de anuncios do interior do centro.

ESPAZO DE COIDADOS CORRESPONSABLES

VACACIONS NADAL- MODIFICACIÓN HORARIA

Este curso as vacacións de Nadal son ata o domingo 8 de xaneiro. recomenzamos as clases o LUNS 9 DE XANEIRO.

As notas este curso publicanse unicamente na aplicación de Abalar. Se algun pai/nai as necesita en papel pode solicitalas en secretaría.

MODIFICACIÓN HORARIA DESPOIS DE NADAL: A xefatura territorial atendeu a solicitude do centro de modificar o horario que a partir do 9 de xaneiro será:

DE LUNS A VENRES DE 8:55 h. A 13:55, deste xeito xa non temos clase os luns pola tarde. AS TITORÍAS DOS PAIS continúan sendo os luns, agora en horario de  17 a 18 h.

O recreo será de 11:30 h. a 12:00 h. O alumnado de 1º e 2º continuará saíndo uns minutos antes para dar tempo aos pais a recollelos antes da saida do resto.

O transporte escolar adiantará ó seu horario 15 minutos.

Acceso ao recinto: o alumnado do transporte entrará encanto chegue a partir das 8:40 h. O resto do alumnado  pode entrar desde as 8:50 h.

 

PAPA NOEL SOLIDARIO -FESTIVAL FUNDACIÓN ANDREA

Distribuir contido