Linguas estranxeiras

DIGITAL WEEK - 6º

Por segundo curso consecutivo aprobaron o proxecto presentado polo centro para participar nun programa de inmersión lingüistica. O curso pasado foi Spring Week, o deste curso é DIGITAL WEEK

Esta concesión foi posible, primeiro pola decisión do profesorado e do Consello Escolar de participar no programa, despois polo proxecto presentado e, sobre todo, porque o centro participa en programas de adquisición de linguas e dixitais, somos centro plurilingüe (plástica en inglés, este curso de 1º a 3º), participamos en seccións bilingües (plástica en inglés, 4º a 6º) e o programa e-dixgal (libros electrónicos en 5º e 6º).

Tratase dunha estadía para 25 alumnos de 6º do noso centro (convivirán con 100 alumnos máis) durante unha semana (no noso caso será do 1 ao 7 de outubro) nun centro residencial situado na Comunidade Autónoma de Galicia en réxime de internado.

A Conselleía de Educación  dentro da Estratexia Galega de Linguas Estranxeiras 2030 (EDUlingüe) tenta ofrecer un novo impulso cualitativo e cuantitativo ao ensino en linguas estranxeiras e así favorecer unha maior adquisición de destrezas lingüísticas por parte do alumnado. O programa procurará a inmersión en lingua inglesa do alumnado de xeito que lle permita desenvolver nunha contorna real a súa comunicación mediante actividades do ámbito dixital.

Durante esta estadía se estimulará a práctica do idioma e a súa utilización en contextos comunicativos diversificados e enfocados cara á mellora da comunicación oral a través de actividades dixitais, co apoio de profesorado nativo en lingua inglesa co obxectivo da mellora da competencia en lingua inglesa a través de actividades dixitais, así como actividades complementarias que promovan a actividade física e a socialización.

O martes 19 de setembro ás 5 da tarde na biblioteca do centro temos convocada unha reunión coas familias de 6º, para informar con mais detalle sobre a participación neste programa.

DOCUMENTACION

Resolución do 22 de maio de 2023, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa

Resolución definitiva

SPRING WEEK - 6º

PROGRAMA DE INMERSIÓN LINGÜÍSTICA PARA ALUMNADO DE 6º

DO 4 AO 10 DE XUÑO NO CENTRO OS PEARES. CLICANDO NESTE ENLACE TEÑEN TODA INFORMACIÓN SOBRE A ESTADÍA, HORARIOS, TELEFONOS, MENUS, ROUPA PARA LEVAR,... AO FINAL TEÑEN UN DOSSIER COMPLETO PARA DESCARGAR. TAMÉN O ENGADIMOS COMO ADXUNTO

25 PRAZAS. CRITERIOS DE SELECCIÓN NOTAS GLOBAIS DE 5º E DA 1ª AVALIACIÓN E DE ACTITUDE.

PRAZO PARA ANOTARSE: ATA O MÉRCORES 22 DE MARZO. DEIXAMOS  COMO ADXUNTO A SOLICITUDE QUE A PODEN ENTREGAR BEN A TRAVÉS DO ALUMNADO NA TITORÍA/SECRETARIA DO CENTRO OU ENVIAR AO CORREO DO CENTRO.

 

INMERSIÓN LINGÜÍSTICA

AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2012


A Consellería de Educación publica no DOG de 5 de marzo de 2012 a convocatoria de 2.495 prazas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2012. Solicitantes: alumnado de centros sostidos con fondos públicos de Galicia entre 6º  e 2º de bacharelato.


Para hai convocadas 510 prazas, a modalidade é de  inglés en Galicia durante 2 semanas de verán en réxime de residencia. O custo das familias depende do grupo en que as situen segundo os ingresos e pode variar entre os 110 € eos 450 €.


Mais información en http://www.edu.xunta.es/axudasle. A solicitude faise a través desta páxina. Calquera dúbida  que xurda estamos á súa disposición.


Prazo aberto dende o 6 de marzo ata o 7 de abril (incluído).

"THE WATER OF LIFE" Cabárceno

Vídeo de proba

Distribuir contido