APA
AVISO ANPA - COMEDOR
Enviado por bandaseca o Ven, 24/09/2021 - 19:16Benqueridas familias,
ANPA BANDASECA
Enviado por anpa o Mér, 04/03/2020 - 11:50
ANPA BANDASECA
O noso principal obxectivo como ANPA é representar as nais e pais como parte da comunidade educativa, asumindo un papel activo na educación dos nenos, colaborando co centro.
Queremos educar aos nosos fillos coma persoas implicadas nunha sociedade onde poidan e deban expresarse e participar no seu propio futuro, dende o respecto e fomentando a igualdade de oportunidades, polo que intentamos organizar actividades favorables para o desenvolvemento e crecemento persoal do neno.
Axudamos ás familias na conciliación familiar e laboral en todo o que podemos.
Velamos e reivindicamos a mellora das instalacións do centro e en todo o relativo a calidade do ensino e benestar do centro.
Compartimos información, proxectos, actividades, etc. con tódalas ANPAS e Direccións dos centros educativos da contorna.
PLAN CULTURAL: LISA E LEO
Un ano máis contamos ca axuda da Deputación da Coruña para levar a cabo parte das nosas actividades culturais.
O ano pasado montamos un parque musical que poden empregar todos os nenos no patio e intentaremos facelo medrar durante este curso.
Este ano aproveitando o 500 aniversario da morte de Leonardo da Vinci intentamos que as nosas actividades extraescolares sexan un reflexo de tódolos campos que tocou Leonardo. Por iso o mural deste 2019 vai adicado a Leo(nardo) e ten como protagonista a Lisa, pero Lisa tamén representa a todas as nosas nenas nas que queremos fomentar o perfil STEM, xa que LISA tamén foi un dos primeiros modelos de Apple, por iso tamén adicados moitos dos nosos esforzos a fomentar a robótica educativa, participando na Liga de LEGO, con dous equipos neste 2019 e repetiremos no 2020.
O noso plan para este ano vai intentar dar un salto de calidade nas nosas actividades culturais, dando continuidade as que están funcionando ben, e engandido novas actividades nas áreas nas que se detectaron eivas ou ben áreas que non tiñamos traballado con anterioridade.
Un dos mellores exemplos e o funcionamento do grupo de teatro, que este ano tivo un salto de calidade extraordinario e agardalle un futuro prometedor.
ACTIVIDADES DEPORTIVAS
Conscientes da importancia que ten o deporte nas nosas vidas intentaremos poñer á disposición dos nenos e nenas deportes variados que cumplan dúas funcións, achegamento o deporte e conciliación familiar.
OUTRAS ACTIVIDADES
Intentaremos sumar todo tipo de actividades que nos sexan demandadas polas familias, polo que non deixedes de enviarnos as vosas propostas.
SUMANDO ESFORZOS
Unha das características das ANPAS é a rápida alternancia de directivas, non existe unha continuidade máis alá duns poucos anos. Pero isto fai que moitas das directivas partan moitas veces de cero no coñecemento do como funciona este tipo de asociacións a nivel organizativo e legal, e o despegue de cada proxecto adoita ser lento. Pola contra contan ca oportunidade de que novosmembros aporten novos contidos e proxectos. AsÍ que vos animamos a participar con nós na Xunta Directiva.
Tamén agracecer a colaboración das familias que sempre acuden a axudar cando se lles pide, lembrade que a ANPA por definición somos TODAS as FAMILIAS do cole.
DATOS ANPA
CUOTA ANUAL: 15€ FAMILIA (imprescindible cubrir ficha de alta)
Se a familia tamén é socia doutra ANPA da Pobra serían 10€.
SEGURO ACCIDENTES, 5€ neno. Obrigatorio para os nenos que acudan a algunha actividade extraescolar, inclúe horario escolar e os desprazamentos
Cuota e seguros pódense pagar durante todo o primeiro trimestre
Conta bancaria LA CAIXA: ES47 0133 4751 6242 0000 5735
COMEDOR. Exclusivo para socios da ANPA.
Horario: 13.50 a 15.50. O servicio de catering está preparado para atender a demanda de usuarios con alerxias e intolerancias.
¡LEMBRADE! Unha vez que remate o tempo de comedor os nenos poden acudir á biblioteca cos profes de garda ata as 17.45.

ANPA BANDASECA - Novo curso
Enviado por anpa o Mér, 05/09/2018 - 11:23Ola familias,
Xa está aquí un novo curso que comenzamos con algunhas novedades que vos iremos contando pouco a pouco, hoxe só o máis urxente.
Primeiro dar as gracias ós nosos compañeiros de batallas e as súas familias, que este ano deixan a directiva pero estamos seguras de que seguiran axudando no que podan.
Temos confirmadas algunhas incorporacións, pero sempre faltan mans así que se vos apetece vir participar só tedes que decilo e mandarnos un correo.
E agora imos cas cousas do cole:
*Horario do mércores 12: de 11 a 13 horas.
* Comedor e madruga comenzan o xoves 13, precisamos que nos avisades antes do mércores, para poder comenzar o xoves, senón se retrasaría o comenzo das dúas actividades, enviade un correo ou chamade o teléfono da ANPA 634 96 41 75. As follas de inscripción de comedor e madruga están adxuntos neste correo.
* Este curso o facerte socio terás de forma gratuita AXENDAS ESCOLARES para os rapaces (ata fin de existencias e por orde de inscripción), só tedes que cubrir a folla de socios, o pago podedes facelo ata fin de ano. Lembrade que son 15€ por curso e familia, e as familias que tamén sexan socias da ANPA do IES pagaran 10€ en cada ANPA. O seguro volve a ser de 5 euros por curso e cubre horario escolar, actividades extraescolares e saídas tanto do cole como da ANPA, será obrigatorio para os rapaces que acudan a extraescolares. Tedes adxunto no correo a ficha de inscripción.
* A asamblea está prevista para o día 10 luns, para que podades recoller xa as axendas antes do comezo do cole, enviaremos correo.
* Adxuntamos calendario escolar, e follas de inscripción na ANPA, madruga e comedor, tedes dispoñibles os impresos tamén na secretaria do cole.
Un saúdo familias.