INMERSIÓN LINGÜÍSTICA
AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2012
A Consellería de Educación publica no DOG de 5 de marzo de 2012 a convocatoria de 2.495 prazas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2012. Solicitantes: alumnado de centros sostidos con fondos públicos de Galicia entre 6º e 2º de bacharelato.
Para 6º hai convocadas 510 prazas, a modalidade é de inglés en Galicia durante 2 semanas de verán en réxime de residencia. O custo das familias depende do grupo en que as situen segundo os ingresos e pode variar entre os 110 € eos 450 €.
Mais información en http://www.edu.xunta.es/axudasle. A solicitude faise a través desta páxina. Calquera dúbida que xurda estamos á súa disposición.
Prazo aberto dende o 6 de marzo ata o 7 de abril (incluído).