Complementarias-Extraescolares
EXCURSIÓN VEXO VEO XACOBEO 1º/2º-SANTIAGO
Enviado por bandaseca o Mér, 18/05/2022 - 09:53Enviamos enlace do video que fixeron os de Vexo Veo Xacobeo sobre a excursión dos nenos e nenas de 1º e 2º a Santiago.
VACACIÓNS NADAL
Enviado por bandaseca o Mar, 21/12/2021 - 14:46Toca descansar, desfrutar coas nosas familias e amigos, coller forzas e enerxía para empezar o novo ano e, sobre todo, coidarse moito.
Retomaremos as clases o luns 10 de xaneiro.
Saúde e Felicidade!!
VIDEOS DE NADAL
Enviado por bandaseca o Dom, 03/01/2021 - 11:47Deixamos aqui os videos de Nadal, para alegrar un pouco estas festas.
ENTROIDO 2020
Enviado por bandaseca o Mér, 19/02/2020 - 19:26O venres 21 de febreiro celebramos o Entroido. Este día o horario será de 10:00 a 13:00. Haberá servizo de transporte, marugadores e comedor.
Realizaremos un desfile polas rúas da localidade. A saída será arredor das 10:30 h. co percorrido de sempre e logo, no patio faremos unha pequena festa e degustación de produtos típicos no patio.
Incorporaranse ao desfile durante parte do percorrido os outros centros da localidade de infantil e primaria: Vilariño, A Granxa, Monte Carmelo, Cadreche e a Angustia.
Percorrido: saída do centro, acceso á estrada principal a altura da Ferretería del Río, dirixiremosnos ata a Alameda, facendo parada no Concello onde se incorporará o alumnado de outros centros. Chegamos ata o semáforo e entramos na Alameda polo paso de peóns. Voltamos pola rúa do Estremo, praza de Maura e Canton da Leña. Dende o Museo cruzamos ata o paseo do Areal e continuamos pola beirarrúa ata a rua Venecia (altura do Eroski, por detras das pistas de tenis cruzamos ao polideportivo e residencia da 3ª idade para chegar ata o centro.
CAMPAMENTOS DEPORTIVOS 2015
Enviado por bandaseca o Mér, 20/05/2015 - 19:10Están organizados pola Deputación de A Coruña
Nados 2005-2001, a partir de 4º se teñen xa cumpridos os anos antes do inicio do campamento
O campamento realizase en A Coruña, no Colexio Calvo Sotelo
O prezo é de 85 €
Os nenos da Pobra tocalles na 1ª quenda: 28 de xuño - 4 de xullo
Inscripción: no Concello, casa Raquel soler - temos folletos no centro para os interesados.
Prazo ata o 29 de maio.
ENTROIDO 2015
Enviado por bandaseca o Sáb, 21/02/2015 - 18:21O VENRES 20 DE FEBREIRO CELEBRAMOS O ENTROIDO. NON PUIDEMOS SIR POR MOR DO TEMPO, ASÍ QUE FIXEMOS TODAS AS ACTIVIDADES NO PAVILLÓN CUBERTO. DEIXAMOS AQUÍ UN ENLACE CON ALGUNHAS DAS FOTOS.
TRASLADO ENTROIDO A 20 DE FEBREIRO
Enviado por bandaseca o Xov, 12/02/2015 - 15:32Estimados pais, debido a que as previsións meteoroloxicas de mañá venres 13 de febreiro son adversas e anuncian chuvia abundante dedidiuse suspender as actividades programadas do entroido. Deste xeito haberá clase normal, de 9:10 a 13:50.
O pasarrúas e degustación se aprazan para o vindeiro venres día 20 de febreiro no que a previsión do tempo é boa.
Recordamos que non hai clase o luns e martes de entroido, nin o mércores de cinza.
GAÑADORES CONCURSO-EXPOSICIÓN LETRAS GALEGAS 2015
Enviado por bandaseca o Lun, 09/02/2015 - 12:06O noso centro gañou o concurso-exposición Letras Galegas 2015 convocado pola Consellería de Educación e Cultura, na categoría de centros de educación infantil e primaria.
Desde o centro creamos un grupo de traballo no que os alumnos realizaron unha colección de 10 carteis sobre a vida e obra do autor homenaxeado este ano o día das Letras Galegas, Xose Fernando Filgueira Valverde titulada "Traballando co vello profesor". Esta colección de carteis serán imprimidos e distribuídos pola Consellería, acompañada dunha guía didáctica explicativa, en máis de 2.000 puntos de Galicia e do exterior (centros de ensino, centros de estudos galegos, centros da emigración, concellos da Rede de Dinamización Lingüística e bibliotecas). O centro recibirá ademais un premio en metálico por importe de 2.000 euros.
MAGOSTO
Enviado por bandaseca o Ven, 07/11/2014 - 14:16O luns 10 de novembro pola tarde, dentro do horaio escolar, temos organizada, en colaboración coa ANPA, a celebración do MAGOSTO. Dende a ANPA se solicita que todos os nenos traian unhas dez castañas xa preparadas para asar.
Primeiro realizaremos unha serie de xogos populares cos nenos e finalmente unha media hora antes de sair se degustarán as castañas. Igual que en anos anteriores os pais poden asistir. É importante recordar que unha vez remate a festa os nenos teñen que subir ñas clases e que non se poden ir cos pais antes da hora.
